GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destina 1,3M€ a axudas, ás que se poden acoller galegas e galegos retornados, para incentivar que as persoas traballadoras autónomas xeren emprego indefinido

(01/02/2022)

A Xunta destina 1,3M€ a axudas, ás que se poden acoller galegas e galegos retornados, para incentivar que as persoas traballadoras autónomas xeren emprego indefinido

O Goberno galego apoiará a contratación indefinida da primeira, a segunda e a terceira persoa traballadora nos negocios por conta propia, con contías ata os 22.500 euros.

 

Compleméntase a axuda cun bono formación que supón 4.000 euros a maiores por persoa traballadora.

 

 

O prazo de solicitudes destas axudas, unha das máis de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna, está aberto ata o 30 de setembro

O prazo de solicitudes destas axudas, unha das máis de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna, está aberto ata o 30 de setembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova liña de axudas á que se poden acoller as galegas e galegos retornados, para que as persoas traballadoras autónomas poidan incentivar a contratación indefinida de persoal e a súa formación. A Xunta destinará a este fin un total de 1,3 millóns de euros.

 

O programa de axudas, que incrementa o seu orzamento nun 35% ao pasar do millón de euros de 2021 aos 1.350.000 deste ano, prevé incentivos á contratación indefinida do primeiro, segundo ou terceiro traballador ou traballadora, cun bono contratación de ata un máximo de 22.500 euros, e un bono formación de 4.000 euros. As e os interesados teñen de prazo ata o próximo 30 de setembro para solicitala.

 

Para a primeira persoa traballadora indefinida, as axudas van desde os 4.000 euros aos 6.500 nos casos de paradas e parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Para incorporar á segunda e terceira persoa traballadora indefinida, a contía irá desde os 6.500 euros ata os 9.000 euros. Estes apoios poden incrementarse nun 25% no suposto de que a persoa incorporada sexa muller, teña máis de 45 anos, sexa emigrante retornada ou resida nun concello rural, entre outras variables.

 

Ademais, ponse en marcha por terceiro ano consecutivo o bono formación, que supón 4.000 euros a maiores por persoa contratada, sendo compatible co bono contratación.

 

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas dispoñen ata o 30 de setembro para cursar a súa solicitude.

 

Está previsto que as axudas poidan chegar na presente convocatoria a unhas 240 persoas traballadoras autónomas.

 

Estes incentivos súmanse, por outra banda, aos 20,5 millóns de euros que a Xunta xa activou neste inicio de ano por medio de dúas ordes coas que pretende impulsar e favorecer a competitividade das persoas traballadoras autónomas na comunidade. Así, permanece aberta unha primeira liña de axudas de promoción do emprego autónomo que suporá apoios de ata 10.000 euros para altas neste réxime. A outra das iniciativas pretende, a través do Bono Autónomo, consolidar ata 3.200 negocios con traxectoria de traballadoras e traballadores por conta propia, con axudas que poden chegar aos 3.000 euros.

 

Con todas estas convocatorias a Xunta investirá un global de 21,8 millóns de euros cos que o Goberno galego quere seguir a favorecer este sector, que conta con máis de 218.000 afiliadas e afiliados na comunidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas