GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno na Coruña acompañou a case 1.600 persoas na súa integración en Galicia

(31/01/2022)

A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno na Coruña acompañou a case 1.600 persoas na súa integración en Galicia

 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a oficina situada no edificio administrativo de Monelos que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno.

 

Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de todo tipo, dende económicas ata escolarización de menores, emprego ou autorización de residencia.

 

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta na Coruña, na súa visita á Oficina do retorno da cidade herculina

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta na Coruña, na súa visita á Oficina do retorno da cidade herculina

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

A Coruña, 31 de xaneiro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a oficina integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na Delegación Territorial da Xunta na Coruña, comprobando o labor realizado ao longo destes meses para acompañar e axudar aos galegos e galegas do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.

 

Nesta visita ao edificio administrativo de Monelos estivo acompañado polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. 

 

Esta oficina, xunto ás situadas en Vigo, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e contan con persoal especializado que se encarga de informar e asesorar aos galegos e galegas do exterior cara a favorecer o retorno, así como de acompañar ás e aos galegos retornados e ás e aos seus familiares. Tamén explican tódolos programas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidos á diáspora, así como asesoran sobre os temas relacionados con educación, formación, laboral e social, e mesmo, no caso das e dos familiares con outra nacionalidade, tamén orientan no eido da estranxeiría, ofrecendo apoio continuo, tanto presencial coma telemático.

 

Dende a súa posta en marcha, en febreiro de 2020, as oficinas integrais das catro provincias asesoraron a un total de 8.153 persoas, acompañándoas na súa integración en Galicia e informándolles sobre as liñas de apoio coas que a Xunta de Galicia conta para axudarlles a consolidar o seu regreso, así como os canais existentes para homologar estudos, facilitar a tramitación da documentación persoal e a presentación de solicitudes de subvencións e prestacións. 

 

Así, en total, realizáronse 29.292 consultas, das que 3.213 estaban relacionadas con temas educativos (escolarización de menores, formación regrada, formación para o emprego, homologación de estudos...); 13.519 tiveron que ver con temas sociais como asistencia sanitaria, autorizacións de residencia, axudas económicas, prestacións ou vivenda; 6.630 tiñan que ver con temas laborais como información acerca do emprego por conta allea ou axudas ao autoemprego, e, finalmente, 3.831 cuestións tiñan relación con outros trámites. 

 

A oficina situada na Coruña atendeu tanto presencial como telefonicamente a 1.566 persoas, e resolveu un total de 6.863 consultas das que 1.179 foron cuestións educativas, 3.329 sociais e 1.360 laborais.

 

A posta en marcha destas oficinas formou parte da anterior Estratexia Galicia Retorna do Goberno galego que contou cun orzamento global de preto de 500 millóns. Nestes intres, tal e como destacou Rodríguez Miranda, “estamos xa a traballar na nova Estratexia que se porá en marcha este mesmo ano e que permitirá continuar a acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas