GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Paralizan" o embargo da pensión alemá dun emigrante ourensán retornado

(28/01/2022)

"Paralizan" o embargo da pensión alemá dun emigrante ourensán retornado


A Rexión. Axencias

27/ ene./22


PSdeG-PSOE de Ourense, a través da súa secretaría provincial de Emigración, conseguiu "paralizar" o embargo dun cidadán retornado da provincia. Os socialistas explicaron, nun comunicado aos medios, que o home, incapacitado, non fixera caso do requirimento da Axencia Tributaria alemá de gravar o 5% da súa pensión xermana dos anos 2017 a 2020.

O secretario provincial de Emigración dos socialistas ourensáns, Luís Gulín, expuxo que "a débeda tributaria ascendía a preto de 1.000 euros e dado que a persoa afectada está incapacitada, a familia descoñecía esa obrigación de pago, crendo que ao estar exenta en España que tamén o era automaticamente en Alemaña".

Segundo expuxeron os socialistas, Gulín púxose en contacto co Finanzamt Neubrandenburg, o organismo fiscalizador xermano, xa que o retornado "só recibe pensión alemá". "Explicando o caso e documentando a situación, o organismo fiscal xermano acepta como causa de exención tributaria a incapacidade xudicial decretada en España, enviando a sentenza española correspondente", indicou o secretario provincial de emigración en funcións.

Tamén, apuntou que "a Facenda de Alemaña lembra que eles non teñen acceso a eses datos en España, por ese motivo hai que solicitar e acreditar expresamente estas situacións".

Ao mesmo tempo, a área provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense xestionou para o mesmo emigrante retornado a recuperación dunha pensión complementaria da empresa, unha coñecida marca alemá de electrodomésticos. "A xestora dos fondos de pensións non abonara para os anos 2020-2021 uns 350 euros anuais, ao non enviar a familia, de oficio, a preceptiva fe de vida, obrigatoria agora en Alemaña desde xaneiro de 2019", explicou Gulín.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas