GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Andorra, Alemaña, Portugal, Qatar, O Salvador e Polonia, novos países con representación no CGCEE

(27/01/2022)

Andorra, Alemaña, Portugal, Qatar, O Salvador e Polonia, novos países con representación no CGCEE

Crónicas da Emigración

Redacción, Vigo | 26 de xaneiro de 2022,


CGCEE-Panoramica1

Vista dos participantes no Pleno do CGCEE de 2017.


A Dirección Xeral de Migracións publicou a resolución na que se recolle o número de conselleiros xerais que corresponde elixir en cada país para o VIII Mandato do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE). Para ese período, e respecto ao anterior Mandato, incorporaranse representantes dos españois en Andorra, Alemaña, Portugal, Qatar, O Salvador e Polonia, mentres que deixarán de ter representación Nicaragua, Paraguai, Perú e Suecia.

En total, o novo Consello contará con 42 conselleiros electos de 29 países diferentes que celebrarán as eleccións antes do 5 de marzo.

O país cun maior número de representantes será Arxentina, con catro; seguido de Francia, con tres. Con dous representantes estarán Estados Unidos e Reino Unido, que incrementan un conselleiro; Cuba, México e Brasil, que pasan de tres a dous conselleiros; Suíza e Venezuela, que manteñen os dous que tiñan; e Alemaña que entra novo con dous representantes.

Cun conselleiro están Chile, Bélxica e Ecuador, que antes tiñan dous. Manteñen o representante que tiñan Países Baixos, Australia, Italia, República Dominicana, Canadá, Bolivia, Irlanda, Costa Rica, Guatemala, Uruguai e Emiratos Árabes. Entran cun conselleiro Portugal, Andorra, O Salvador, Polonia e Qatar.

Os embaixadores dos diferentes países serán os encargados de convocar as eleccións a través dos xefes de Oficina Consular de todas as demarcacións nos que estes Consellos de Residentes Españois (CRE) estean constituídos.

Unha vez constituído o Colexio Electoral polos membros dos diferentes CRE, levará a cabo a presentación das candidaturas e a elección dos conselleiros nun acto único. Confeccionarase unha única lista que inclúa todos os candidatos ordenados que terán a oportunidade de defender, de forma breve, a súa candidatura. Finalizadas as intervencións, interromperase a sesión por un período de tempo, non superior a unha hora, e procederase á votación.

Nos países nos que exista máis dun CRE, deberá articularse, cando os medios técnicos e humanos das oficinas consulares ás que se atopan adscritos así o permitan, e previo acordo entre os xefes das devanditas oficinas consulares e os integrantes dos CRE, un sistema de votación por videoconferencia simultánea, a través do que se desenvolva o proceso de votación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas