GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis dun centenar de emprendedoras e emprendedores retornados participaron na experiencia de mentorización do programa “Merlo”

(21/01/2022)

Máis dun centenar de emprendedoras e emprendedores retornados participaron na experiencia de mentorización do programa “Merlo”

Esta iniciativa foi froito dun convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel e permitiu ofrecer a estas e estes autónomos un servizo de acompañamento para potenciar a súa competitividade.

 

Case o 50% das e dos participantes foron mulleres e case o 80% delas e deles tiñan entre 30 e 49 anos, retornadas e retornados na súa maioría de Venezuela, Reino Unido e Arxentina. 

 

Imaxe do encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo' celebrado este pasado mes de novembro

Imaxe do encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo' celebrado este pasado mes de novembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2022.

 

O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados, froito do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel, contou con 104 participantes, que puideron así apoiarse nun servizo de acompañamento para potenciar a súa competitividade. 

 

O programa Merlo, que desenvolve a Fundación Ronsel, e no que contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, é unha iniciativa de mentoras e mentores dirixido a emprendedoras e emprendedores galegos retornados, no que se presta un servizo de acompañamento por medio dunha figura dunha ou dun mentor que reforce as súas habilidades e fortalezas para potenciar e consolidar os seus proxectos profesionais cunha maior garantía de éxito, contribuíndo así a mellorar a súa competitividade e produtividade do seu negocio en Galicia, de xeito que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social e empresarial en Galicia.

 

No programa participaron un total de 25 mentoras e mentores, que apoiaron ás e aos emprendores retornados en áreas como o márketing, a transformación dixital, a xestión e dirección de empresa, a comunicación, as vendas ou a potenciación de marcas. 

 

En total, inscribíronse neste programa 104 emprendedoras e emprendedores, dos que o 48% foron mulleres, sendo o 80% das e dos participantes persoas de entre 30 e 49 anos, aínda que tamén houbo un 7% de menores de 30 e un 5% de maiores de 60. En canto á orixe do seu retorno, o 25% procedían de Venezuela, o 12% do Reino Unido, o 9% de Brasil e o 7% da Arxentina, entre os máis destacables, aínda que tamén participaron persoas retornadas de Xapón, Nova Zelandia, Canadá ou Nicaragua.

 

Os sectores maioritarios nos que investiron en Galicia son o sector de servizos ás persoas e as empresas, o comercio e a restauración, tendo tamén importancia o sector industrial e o tecnolóxico.

 

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego, e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial. Ten acreditada unha ampla experiencia no desenvolvemento de servizos de asesoramento para a orientación laboral e programas específicos dirixidos ás persoas migrantes, entre as que están incluídas as e os galegos emprendedores retornados, sendo un referente en Galicia no uso da ferramenta de mentoría e membro dende 2015 da Red de Youth Business Spain, coa que se desenvolve esta metodoloxía de promoción e apoio ao emprendemento dirixida ao autoemprego e a creación de emprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas