GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas dirixidas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, á que se poden acoller as galegas retornadas

(19/01/2022)

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas dirixidas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, á que se poden acoller as galegas retornadas

Estes apoios, dirixidos a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras.

 

As entidades poderán recibir como máximo un apoio de ata 40.000 euros.

 

O Goberno galego investiu nesta iniciativa entre 2009 e 2021 máis de 13,5 millóns de euros, o que permitiu a atención de entre 3.500 e 4.000 mulleres de media ao ano.

 

Esta é unha das máis de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta

Esta é unha das máis de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022.

 

A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar as axudas dirixidas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a posta en marcha de programas destinados á atención das mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Os apoios, cun orzamento global de 1,4M€, poden solicitarse ata o próximo 18 de febreiro.  

 

Os programas que a Xunta apoia a través desta iniciativa están enfocados a atender ás mulleres en situación social ou económica de risco. Teñen esta consideración as mulleres vítimas de violencia de xénero; de explotación sexual-laboral; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas, pertencentes a unha minoría étnica ou reclusas, ex-reclusas, mulleres embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos e inactivas ou desempregadas de longa duración, entre outros colectivos vulnerables e, polo tanto, merecedores dunha especial atención por parte da Administración a través destas axudas, que chegaron en 2021 a 80 programas de 80 entidades, dando resposta a todas as solicitudes que se presentaron e cumpriron cos requisitos da orde de axudas. Na convocatoria de 2022, como novidade, permitirase a compatibilidade destas axudas con outras que reciban as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. 

 

Ao abeiro desta convocatoria fináncianse programas que acollan recursos integrais específicos para mulleres de colectivos vulnerables e en situación de xestación ou lactancia con fillos ou fillas menores de tres anos dirixidos a promover o seu desenvolvemento vital e a súa autonomía económica e afectiva, co obxectivo de corrixir que unha situación desexable poida converterse nun factor de exclusión.

 

Outros dos eixos de interese para o Goberno galego e cubertos por estas axudas son aqueles relacionados cos coidados e o acompañamento. Trátanse de aquelas iniciativas de atención personalizada e especializada para as mulleres dos colectivos mencionados que precisen atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación e adquisición de habilidades persoais e orientación laboral. É de especial relevancia nestes impulsos, así mesmo, ter en conta a desigualdade social que sofre a muller respecto do home, polo que os proxectos que acaden estes investimentos deben ter en conta a concienciación na igualdade co obxecto de mellorar as expectativas persoais, sociais e laborais das mulleres de cara a súa integración, sendo outro dos afáns a mellora da súa empregabilidade, xa que este eido, o do traballo, é un dos puntais onde a loita contra a discriminación faise máis patente e, ao mesmo tempo, unha das vías, a da independencia económica, que garante a emancipación feminina.

 

A través destas axudas financiaranse os gastos derivados da realización do programa, referidos a custos directos de persoal, outros custos directos e custos indirectos, sendo a contía máxima que se pode conceder a cada entidade de 40.000 euros. 

 

O abano temporal que recolle a cobertura dos gastos da execución dos programas será o comprendido entre o 1 de outubro de 2021 e o 31 de agosto de 2022, ambos inclusive. 

 

Este programa de axudas permitiu desde 2009 e ata 2021, grazas a un investimento de máis de 13,5 millóns de euros, o apoio ao ano de entre 3.500 e 4.000 mulleres de media.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas