GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 16.565 afiliados estranxeiros máis en decembro

(19/01/2022)

A Seguridade Social rexistra 16.565 afiliados estranxeiros máis en decembro


Trabajadora

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

19/01/2022


-O ano 2021 terminou con 2.306.664 traballadores foráneos

 

-Representan un 11,62% do total de afiliados

 

-Trátase do sétimo mes consecutivo con aumento do emprego



A Seguridade Social rexistrou 2.306.664 afiliados estranxeiros en decembro, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Trátase de 16.565 empregos máis que o mes anterior (0,72%). Con este aumento, rexístranse 100.000 traballadores máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia, tras sete meses consecutivos de crecemento.

Esta cifra supón o 11,62% do total de afiliados estranxeiros á Seguridade Social, en termos desestacionalizados, en decembro de 2021.



Afiliación media mensual

En termos de afiliación media, a Seguridade Social contou con 2.269.806 cotizantes estranxeiros en decembro, dos cales 791.306 proceden de países da UE (un 34,86%) e 1.478.5000, de terceiros países (o 65,14% restante). Trátase de 6.525 ocupados medios máis que en novembro.

Os grupos de ocupados máis numerosos proceden de Romanía (331.739), Marrocos (285.501), Italia (140.387), China (107.143) e Venezuela (106.264). Un 56,66% foron homes (1.286.201), mentres que o 43,34% foron mulleres (983.605).

Por comunidades autónomas, o maior aumento no número de afiliados foráneos corresponde á comunidade autónoma de Andalucía (3,76%) e Castela-A Mancha (1,77%). Tamén crecen por encima da media Canarias (0,89%), a Rioxa (0,48%), a Comunidad de Madrid (0,40%) e as cidades autónomas de Ceuta (0,30%) e Melilla (0,45%). Pola contra, os descensos máis acusados rexistráronse en Estremadura (-5,56%) Baleares (-5,17%), en Cantabria (-1,52%), e en Galicia (-1%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros está afiliada ao Réxime Xeral, un total de 1.879.742 persoas. Este rexistro inclúe o Sistema Especial Agrario, con 232.658 ocupados, e o de Hogar, con 166.246. O aumento medio no Réxime Xeral foi dun 0,34%.

Destaca o incremento en Agricultura, Gandería, Caza, Silvicultura e Pesca e Administración Pública e Defensa (2,78%), en Subministración de Enerxía Eléctrica, Gas (1,61%) e en Actividades Sanitarias (1,57%).

Pola súa banda, o número de estranxeiros no Réxime de Autónomos crece un 0,21% no último mes, e sitúa o total en 386.089.

Nos últimos doce meses, a afiliación de traballadores procedentes doutros países incrementouse 9,20%, é dicir, en 191.170 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas