GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2021 coa colaboración con máis de 50 centros

(14/01/2022)

Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2021 coa colaboración con máis de 50 centros

O departamento autonómico volveu a achegar a galegas e galegos do exterior a Galicia en programas de lecer de cara á promoción do Ano Santo.

 

'Conecta co Xacobeo' e 'Reencontros co Xacobeo' desenvolvéronse ao longo do Camiño de Santiago nos meses de outubro e novembro

"Conecta co Xacobeo" e "Reencontros co Xacobeo" desenvolvéronse ao longo do Camiño de Santiago nos meses de outubro e novembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades de lecer para os galegos e galegas do exterior en colaboración con máis de 50 centros, tanto de España como de Europa, desenvolvendo proxectos de achegamento a Galicia como foron os Conecta e Reencontros co Xacobeo, desenvolvidos en outubro e novembro.  

 

Tanto o programa de Conecta, destinado a menores de 65, como o de Reencontros, no que participaron maiores desa idade, tiveron como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos países europeos, fomentando a súa participación no Ano Santo. 

 

A Secretaría Xeral quixo así dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante o peor ano da covid-19, e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

 

As e os participantes, procedentes de máis de 50 entidades distintas, percorreron, no caso do Conecta, 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata ao longo dunha semana ata chegar a Compostela, mentres as e os segundos, realizaron varios pequenos tramos deste último Camiño, descubrindo o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que foron pasando así como tamén realizaron actividades de balneario no lugar de aloxamento. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas