GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración axudou a 456 familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente e extraordinaria por mor da covid

(13/01/2022)

Emigración axudou a 456 familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente e extraordinaria por mor da covid

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as familias que recibiron estas axudas residen en 8 países distintos, dobrando en número aos beneficiarios e beneficiarias de 2020.

 

En 2021 destináronse a estas axudas case 350.000 euros nun ano no que continuou presente a pandemia e, polo tanto, o agravamento da situación socioeconómica en moitos países.

 

Esta liña de axuda continuará en 2022 de cara a apoiar aos galegos e galegas do exterior en situación de emerxencia sobrevida

Esta liña de axuda continuará en 2022 de cara a apoiar aos galegos e galegas do exterior en situación de emerxencia sobrevida

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración destinou en 2021 case 350.000 euros que permitiron apoiar a 456  familias galegas do exterior que, por cuestións urxentes e extraordinarias, se atoparon en situacións de emerxencia social, especialmente derivadas da situación de pandemia xerada pola covid-19, dobrando así o número de beneficiarios e beneficiarias de 2020, que foron 204.

 

Tal e como explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, “este programa de axudas pretende atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial e que precisen dunha atención urxente para evitar ou paliar situacións de necesidade social”.

 

En 2021 aumentáronse estas axudas, pasando dos 200.000 do ano anterior aos 350.000 euros, nun ano no que continuou presente a pandemia e, polo tanto, o agravamento da situación socioeconómica en moitos países. 

 

As e os beneficiarios destas axudas son persoas emigrantes galegas e ou descendentes de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil, Uruguai, España, Reino Unido e México, que posuían a condición de persoas galegas residentes no exterior.  

 

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

 

Esta liña de axuda, xunto á convocatoria das axudas económicas individuais, continuará en 2022 de cara a apoiar aos galegos e galegas do exterior en situación de emerxencia sobrevida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas