GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSdeG-PSOE de Ourense lembra a retornados de Alemaña que no ano 2022 as pensións que reciban dese país subirán un 5,2%

(10/01/2022)

O PSdeG-PSOE de Ourense lembra a retornados de Alemaña que no ano 2022 as pensións que reciban dese país subirán un 5,2%


Luis Gulín web
O secretario provincial de Emigración en funcións do PSdeG_PSOE de Ourense, Luís Gulín


A Rexión Internacional 09/01/2022


O PSdeG-PSOE de Ourense lembra aos emigrantes retornados de Alemaña que no ano 2022 as pensións que reciban do país xermano subirán o 1 de xullo un 5,2%. Dado que no ano 2021 non houbo subida, o centro pagador Deutsche Rentenversicherung non emitirá o certificado correspondente.

O secretario provincial de Emigración en funcións, Luís Gulín, recomenda aos retornados de Alemaña que “conserven o último certificado do ano 2020 e o que reciban nas próximas semanas para a próxima declaración da renda”.

A partir deste mes de xaneiro as cotizacións para o seguro médico e o seguro de dependencia das entidades chamadas Krankenkassen subirán un 1,5%, que por sentenza do TEAC do ano pasado xa son recoñecidos como gastos deducibles na declaración da renda.

O socialista Luís Gulín informa que os retornados de Alemaña “non están obrigados a pagar o 5% a Axencia Tributaria de Alemaña sempre e cando os rendementos netos anuais totais do ano fiscal 2021 sexan inferiores a 9744 euros”. Para o ano fiscal 2022 está fixado o límite en 9.984 euros. “Os que teñan pendentes o pago do ano 2020 o límite está en 9408 euros anuais”, explica o representante en funcións da emigración dos socialistas ourensáns.

Esta exención hai que solicitala á Axencia Tributaria de Alemaña achegando certificado de ingresos da Facenda española e certificado negativo da Seguridade Social no caso de non ter dereito a prestacións en España. “A pesares de todo, os emigrantes tributaron sen estar obrigados, pódese reclamar a devolución a Axencia Tributaria xermana achegando os mesmos documentos para solicitar a exención”, apunta o secretario provincial de emigración en funcións.

Desde a Secretaría Provincial de Emigración en funcións lembran aos retornados de Alemaña que perciban a maiores unha pensión complementaria da empresa, a denominada Betriebsrente, que “durante este mes de xaneiro teñen a obriga de enviar unha fe de vida a entidade pagadora”. De todos os xeitos recoméndaselles contactar coas entidades xestoras responsables destas pensións complementarias por se de oficio xa mandan elas a documentación correspondente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas