(10/01/2022)
08 ene 2022 .
A tenente alcalde e concelleira de Servizos Sociais de Lalín, María Paz Pérez Asorey, cifra nun total de 2.423 as intervencións realizadas ao longo do pasado ano por este departamento. Dese global, o 21,79 % das intervencións realizadas foron por expedientes e cuestións relacionadas coas familias sumando un total de 528 actuacións. Destas, o 18 %, o que supón 452, foron sobre persoas maiores e o 12 %, 301, en relación a persoas con discapacidade. Estes foron, apunta a edila, os tres conceptos que máis atencións e intervencións requiriron. Son os datos, apuntan desde o Concello, que figuran no servizo de xestión e información de Servizos Sociais de titularidade autonómica. A estas séguenlles en número as xestións realizadas con emigrantes retornados ou que solicitaron algunha xestión e que sumaron 198 actuacións, o que supón un 8 % do total.
As 2.423 actuacións levadas a cabo beneficiaron a 2.690 persoas. O 57 % dos que pasaron por estas instalacións municipais lalinenses foron mulleres e o 42 % xestións solicitadas por homes.
A elas séguenlles 159 tramitacións relacionadas coas pensións, os 195 de expedientes derivados de recursos e servizos internos do sistema de Servizos Socias e as 208 xestións sobre axudas económicas públicas periódicas que se tramitaron.
En canto á orixe dos demandantes deste servizo, o primeiro posto ocúpano persoas de orixe alxerina que sumaron 89 intervencións, ás que lles seguen 79 de usuarios orixinarios de Venezuela, 71 de Marrocos e 67 de Colombia. Foron 34 do Brasil, 21 de Portugal e 20 da República Dominicana.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas