GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 29.320 afiliados estranxeiros máis en novembro

(23/12/2021)

A Seguridade Social rexistra 29.320 afiliados estranxeiros máis en novembro


Trabajador extranjero

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

20/12/2021



-O total de traballadores foráneos sitúase en 2.290.099

 

 -Representan un 11,58% do total de afiliados

 

 -Trátase do sexto mes consecutivo con crecemento do emprego

 

A Seguridade Social rexistrou 2.290.099 afiliados estranxeiros en novembro, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Trátase de 29.320 empregos máis que o mes anterior (1,3%). Con este aumento, rexístranse 100.000 traballadores máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia, tras seis meses consecutivos de crecemento.

A cifra de persoas de orixe estranxeira que traballan no noso país supón o 11,58% do total de afiliados á Seguridade Social, en termos desestacionalizados.

 

Afiliación media mensual

 

En termos de afiliación media, a Seguridade Social contou con 2.263.281 cotizantes estranxeiros en novembro, dos cales 792.644 proceden de países da UE (35,02%) e 1.470.636, de terceiros países (64,98%). Son 2.137 ocupados medios máis que en outubro.

Os grupos de ocupados máis numerosos proceden de Romanía (332.430), Marrocos (280.858), Italia (140.068), Venezuela (106.304) e China (106.232). Un 56,65% foron homes (1.282.152), mentres que o 43,35% foron mulleres (981.128).

Por comunidades autónomas, o maior aumento no número de afiliados foráneos corresponde a Andalucía (3,19%), con particular intensidade en Xaén (64,31%), onde se está desenvolvendo a campaña de recollida da oliva. Tamén crecen por encima da media a Comunidade Valenciana (3,07%), Canarias (2,94%) e Murcia (2,42%). Pola contra, os descensos máis acusados rexistráronse en Baleares (-17,26%), en Estremadura (-10,61%) e en Castela e León (-8,06%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros está afiliada ao Réxime Xeral, un total de 1.873.340 persoas. Este rexistro inclúe o Sistema Especial Agrario, con 223.584 ocupados, e o de Hogar, con 166.588. O aumento medio no Réxime Xeral foi dun 0,10%.

Destaca o incremento en Transporte e Almacenamento (4,08%), en Educación (3,09%), en Administración Pública e Defensa (2,07%) e en Subministración de Auga e Actividades de Saneamento (2,00%).

Pola súa banda, o número de estranxeiros no Réxime de Autónomos crece un 0,12% no último mes, e sitúa o total en 385.280.

Nos últimos doce meses, a afiliación de traballadores procedentes doutros países incrementouse 9,14%, é dicir, en 189.539 persoas.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas