GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín recibiu unha axuda de 155.000 euros para programas de inclusión

(20/12/2021)

Lalín recibiu unha axuda de 155.000 euros para programas de inclusión


A Voz LALÍN / A VOZ






19 dic 2021 .


O Concello de Lalín recibiu unha subvención de 155.506 euros outorgada pola Consellería de Política Social da Xunta para desenvolver programas de emerxencia e inclusión social da poboación inmigrante, xitana e en risco de exclusión. As iniciativas financiaranse con fondos Reactue no marco do programa FSE Galicia 2014-2020, cofinanciado pola Unión Europea.

A tenente alcalde, Paz Pérez, destaca que a axuda financiará o cento por cento das actuacións que desenvolverá a concellería de Política Social lalinense a través do Servizo de Atención ás Migracións, (SAMI), e en coordinación e colaboración con Servizos Sociais entre febreiro do 2022 e abril do 2023.

Pérez Asorey explica que con cargo a esta axuda, o Concello contratará a unha técnica «para realizar actuacións de inclusión sociolaboral e transición ao emprego» que será a responsable do SAMI. O Concello contará con persoal para realizar actuacións de mediación social e intercultural do SAMI que serán levadas a cabo por persoal especializado en diferentes ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, con accións de acompañamento presencial ou de sensibilidade directa na contorna co obxectivo de mellorar a comunicación e en entendemento nas relacións entre persoas e grupos sociais, así como a prevención e a solución de conflitos.

Parte da axuda destínase a subvencionar ata o 30 de abril do 2023 a prestación do reforzo socioeducativo para menores co obxectivo, explica Paz Pérez, «de evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria, reducir ou absentismo escolar e facilitar a transición entre Educación Primaria e a Secundaria», recalca.

Por último concedeuse unha partida para poñer en marcha dun servizo que inclúe accións formativas de alfabetización e destinada á adquisición de competencia oral nas linguas oficiais de Galicia. Da subvención, o Concello destina 62.086 euros ao SAMI, 45.857 euros ao servizo de mediación social e intercultural; 33.093 euros ás iniciativas de reforzo socioeducativo a menores inmigrantes e 14.469 euros a alfabetización.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas