GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Escrivá reúnese co sector audiovisual para valorar a simplificación dos trámites de entrada e permanencia de profesionais estranxeiros

(13/12/2021)

Escrivá reúnese co sector audiovisual para valorar a simplificación dos trámites de entrada e permanencia de profesionais estranxeiros


Reunión del ministro con el sector audiovisual


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

13/12/2021


-Á cita, enmarcada no plan ‘España, Hub Audiovisual de Europa’, acudiron representantes de oito entidades de asociacións e empresas do sector audiovisual


O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, reuniuse con representantes do sector audiovisual, cos que conversou da importancia das medidas aprobadas hai unhas semanas para simplificar os trámites de entrada e permanencia de profesionais estranxeiros do sector.

En concreto, Escrivá, acompañado do secretario de Estado de Migracións, Jesús Perea, reuníronse con representantes de Profilm, HBO Europe, NBC Universal, Asociación de Produtoras de Cinema Publicitario, Teatro Real, Disney Company, Netflix e Spain Film.

A reunión produciuse despois de que se modificase a normativa para simplificar os procedementos, dentro do plan ‘España, Hub Audiovisual de Europa’, incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A nova normativa establece tres vías de acceso e permanencia en España en función do período de estancia do profesional do sector audiovisual.

Tres vías de acceso e permanencia

Establécese unha primeira vía para os profesionais do sector audiovisual que van permanecer en España ata 90 días en calquera período de 180 días, que estarán exceptuados da obrigación de obter unha autorización de traballo e un visado se proceden daqueles países exentos de visado segundo a normativa comunitaria.

O segundo procedemento está destinado a aqueles profesionais do sector audiovisual que van permanecer en España máis de 90 días, ata un máximo de 180 días. Nestes casos, os estranxeiros poderán obter un visado que será suficiente para permanecer e exercer a súa actividade en España durante a súa vixencia. Ademais, prevese que aqueles estranxeiros que inicialmente viñesen a España por un período de 90 días de estancia en calquera período de 180 días poidan, excepcionalmente, solicitar unha autorización de estancia para o sector audiovisual por un prazo máximo de 180 días.

Por último, desenvólvese unha autorización de residencia configurada como un permiso único para aqueles estranxeiros que van residir e traballar no sector audiovisual máis de 180 días.

Para estas tres vías de entrada e permanencia, habilítase a posibilidade de que os artistas ou profesionais poidan permanecer en España cos seus familiares directos, un elemento crave para moitos artistas. Este novo procedemento tamén permite aos artistas ou profesionais menores de idade chegar a España e exercer a súa actividade no sector audiovisual acompañados dos seus pais, en aras de preservar o interese do menor.

Ademais, ampliouse o concepto de profesional do sector audiovisual, incluíndo non só ao artista de recoñecido prestixio, senón tamén a todos os profesionais que fan posible que se desenvolva a actividade por exemplo coreógrafos, directores, produtores, etc.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas