GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Quintela de Leirado inaugura o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial

(13/12/2021)

Quintela de Leirado inaugura o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial


Quintela de Leirado

Quintela de Leirado


A Rexión Internacional 11/12/2021 |


O Concello de Quintela de Leirado inaugura o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial, o primeiro nas súas características da península, para poñer en valor a conexión que, entre 1920 e 1928, uniu aos veciños deste municipio de Terra de Celanova, coa antiga colonia española.

“Máis do 80% dos veciños emigraron nalgún momento a Guinea”, calcula o alcalde, José Antonio Pérez Cortés, quen a mediados dos anos 60 realizou ese mesma viaxe “para acurtar a duración do servizo militar. Alí eran tres meses e aquí dous anos”, lembra.

Un investimento de 48.000 euros da Deputación custeou a musealización, que incluíu un proceso documental que permitiu identificar ao primeiro veciño do municipio que se fincou na illa, Eloy Estrada da Moruisca. “Seguiremos investigando e ampliando os fondos para coñecer esta parte da nosa historia. Queremos que sexa un museo vivo e organizar conferencias”, avanzou o alcalde.

A exposición, situada no baixo do edificio multiusos de Leirado, fai un percorrido detallado sobre como era a vida en Galicia e en Guinea a principios do século pasado, a vida e o traballo nas plantacións de cacao e café, e a huída da rexión tras a independencia.

“Hai moitas fotografías e documentos doados polos veciños, tamén machetes, figuras africanas (“Fang”), un salacot (sombreiro típico) e sacos e grans de cacao traídos expresamente para a exposición”, relata Pérez Cortés, quen recoñece que foi un proceso difícil, ao ter que localizar aos protagonistas ou aos seus descendentes, pero no que colaborou todo o mundo achegando os recordos que tiñan na casa e tamén os testemuños. A parte audiovisual intercala entrevistas actuais con gravacións familiares en “super 8” sobre a vida en Guinea.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas