GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoiou proxectos empresariais de galegas e galegos retornados procedentes de máis de 40 países

(10/12/2021)

A Xunta apoiou proxectos empresariais de galegas e galegos retornados procedentes de máis de 40 países

Os tres países con maior número de solicitudes das axudas ao Retorno Emprendedor proceden de Venezuela, Reino Unido e Suíza.

 

O balance da Estratexia Galicia Retorna revela que o 60% dos beneficiarios e beneficiarias proceden de América, o 36% de Europa e o 4% restante do resto de continentes. 

 

O 51,4% das e dos emprendedores retornados naceron en Galicia.

 

A Xunta de Galicia destinou 3 millóns de euros a través das Axudas ao Retorno Emprendedor co obxectivo de facilitar a posta en marcha de 500 iniciativas empresariais

A Xunta de Galicia destinou 3 millóns de euros a través das Axudas ao Retorno Emprendedor co obxectivo de facilitar a posta en marcha de 500 iniciativas empresariais

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021.

 

O balance da Estratexia Galicia Retorna permitiu comprobar que as emprendedoras e emprendedores retornados beneficiados coas Axudas ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración proceden de máis de 40 países dos cinco continentes.

 

A Xunta de Galicia destinou 3 millóns de euros a través das Axudas ao Retorno Emprendedor co obxectivo de facilitar a posta en marcha de 500 iniciativas empresariais de galegas e galegos retornados na comunidade autónoma.

 

Estas axudas forman parte das accións específicas da Estratexia Galicia Retorna que puxo en marcha a Secretaría Xeral da Emigración en 2018 e que se prorrogou por mor da covid-19 ao longo do presente 2021.  

 

Estas e estes emprendedores retornados proceden de 40 países distintos, destacando como os tres primeiros Suíza, Reino Unido e Venezuela, que agrupan a máis do 50% destas e destes galegos. O 60% do total dos beneficiados e beneficiadas procede dalgún país do continente americano, o 36% de Europa, e o 4% restante do resto do mundo.  

 

Ademais, cabe tamén facer referencia a que o 51,4% das e dos emprendedores retornados que solicitaron estas axudas naceron en Galicia e decidiron volver para poñer en marcha unha empresa ou unha iniciativa emprendedora.

 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma das galegas e galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.  

 

As axudas son de 5.000 euros, aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural.  

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas