GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Laracha participa na cuarta cita sobre a crise migratoria en Europa, que se celebra en Croacia

(08/12/2021)

A Laracha participa na cuarta cita sobre a crise migratoria en Europa, que se celebra en Croacia

 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

 

El alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, con el responsable de la Comisión Europea en Croacia, Ognian Zlatev

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, co responsable da Comisión Europea en Croacia, Ognian Zlatev Concello da Laracha

 

A quinta e última parada deste proxecto, liderado polo municipio larachés, será na cidade italiana de Venecia, a mediados do mes de xaneiro

 

02 dic 2021 .

 

As cidades croatas de Zagreb e Gornja Rijeka acollen o cuarto evento do proxecto Strengthening a Europe of solidarity in estafes of migrationFortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración— iniciativa que lidera o Concello da Laracha e suma 20 socios, entre municipios e entidades, procedentes de 19 países europeos.

 

 

Como xa sucedese nas tres citas anteriores, A Laracha, Kaunas (Lituania) e Qrendi (Malta), a temática xira sobre a crise migratoria en Europa e a cooperación «na procura de respostas á mesma desde os valores da integración, o diálogo e a reflexión social», segundo explicou o rexedor en Croacia.

 

 

Ao longo da xornada describiuse a realidade sociocultural croata, abordouse a problemática das migracións e, ademais, desde a delegación neerlandesa, que forma parte como socia do programa, analizouse o proxecto de integración de inmigrantes posto en marcha en Almere, cidade situada no centro dos Países Baixos. O encontro concluíu co relato dun doutor libanés, Issam Dbouk, que leva dez anos residindo en Croacia, país ao que chego como refuxiado.

 

 

A continuación, a delegación desprazouse ata o consistorio de Zagreb, onde foron recibidos por Josko Klisovic, presidente da asemblea da cidade.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas