GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As embaixadas atenderon 206 casos de violencia de xénero contra españolas no exterior no que vai de ano

(26/11/2021)

As embaixadas atenderon 206 casos de violencia de xénero contra españolas no exterior no que vai de ano


Crónicas da Emigración

Redacción, Vigo | 25 de novembro de 2021



Protocolo Violencia de Genero

Protocolo para a atención das vítimas de violencia de xénero

 

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara ás Mujeres, o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación lembrou que conta cun protocolo de actuación para a atención ás mulleres españolas no exterior vítimas de violencia de xénero. No que vai de ano, as embaixadas e consulados españois xa atenderon 206 casos de violencia de xénero contra españolas no exterior e repatriaron a 11 mulleres e 10 menores.

En 2020, as embaixadas e consulados atenderon un total de 260 casos de violencia contra a muller. Nese mesmo ano, o Ministerio repatriou a 20 mulleres españolas e 15 menores.

O protocolo publicado polo Ministerio consta de dez puntos:

1. “Podemos acompañarte ou asistirte para poñer unha denuncia.

 

2. Orientarémoste sobre os servizos médicos, sociais e legais á túa disposición no país no que esteas.

 

3. Faremos xestións sobre o teu caso e coordinarémonos coas autoridades locais.

 

4. Xestionaremos que un sicólogo español poida darche unha primeira axuda a distancia.

 

5. Velaremos por que non resultes discriminada pola túa condición de estranxeira.

 

6. Podemos outorgarche unha axuda asistencial extraordinaria, en consideración á túa situación persoal, económica e familiar.

 

7. Dispoñeremos de información para o público con teléfonos e direccións útiles en materia de violencia de xénero.

 

8. Podemos darche asistencia consular e repatriarte a España.

 

9. Coordinarémonos coa Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero para atender o teu caso unha vez chegues a España.

 

10. E lembra, podes chamarnos ao teléfono de emerxencia 24 horas se o necesitas”.

 

As vítimas de violencia de xénero no estranxeiro poden chamar ao teléfono de emerxencia da súa demarcación consular:

 

http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiviajasAlExtranjero/Paginas/Teléfonos-de-asistencia-consular.aspx

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas