GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Interior propón que a solicitude do voto dos españois do exterior teña validez por un tempo indefinido

(26/11/2021)

Interior propón que a solicitude do voto dos españois do exterior teña validez por un tempo indefinido


Crónicas da Emigración

Redacción, Madrid | 24 de novembro de 2021

 

Carmen López
 Carmen López, directora xeral de Política Interior.

 

O Ministerio do Interior defende que, aínda que se derrogue o voto rogado, os españois do exterior teñan que mostrar o seu interese en votar e que este teña unha validez indefinida, así o expresou a directora xeral de Política Interior do Ministerio, Carmen López, durante a súa comparecencia na subcomisión do Congreso encargada de estudar a reforma da Lei Electoral e que retomou nesta lexislatura os traballos para suprimir o voto rogado que se iniciaron en 2017.

Durante a comparecencia, que tivo lugar a porta pechada pero cuxo contido difundiu Europa Press, Carmen López enumerou os problemas actuais para votar desde o exterior como a complexidade no rogo do voto, o axustado dos prazos, a falta de información e a efectiva gratuidade do proceso.

A directora xeral expuxo que os cidadáns mostren o seu interese en votar “nalgún momento e por unha soa vez” tendo esta manifestación unha vixencia “indefinida” tal e como sucede cos cidadáns da UE que queren votar en España nunhas eleccións locais ou á Eurocámara. López lembrou que antes da implantación do voto rogado a participación de electores desde o exterior era considerablemente máis baixa que en España e lembrou que nas eleccións das xenerais de 2008 contaron coa participación máis alta, cun 31,89%.

En canto ao procedemento, López defendeu medidas que simplifiquen o sistema actual como a utilización da papeleta única con todas as candidaturas ou a utilización dunha papeleta en branco na que cada elector escriba a súa preferencia, desta maneira, explicou, eliminaríase o atraso á hora do envío de documentación. Ademais, destacou a posibilidade de utilizar o uso das novas tecnoloxías para poder acceder ás papeletas e a utilización dun cartafol cidadán para enviar aos electores as papeletas co fin de que poidan imprimilas.

En todo caso, Carmen López recoñece inconvenientes neste sistema, tanto polas dificultades que poidan ter os electores como os problemas no acceso a internet nalgúns países, as posibles manipulacións do material enviado e a obrigación de ter material de papelería e aparellos informáticos para facer efectivo o voto e por iso defende que no medio prazo coexistan o sistema electrónico e o envío postal.

Outras posibilidades que apuntou, pero que requirirían unha reforma máis profunda, son a implantación do voto electrónico e o escrutinio nos consulados.

Carmen López tamén deu conta das complicacións que presenta devolver a cada elector o custo do proceso actual e propón que o faga a administración máis próxima, neste caso o consulado, o que require unha mellora de recursos materiais e persoais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas