GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 34.923 afiliados estranxeiros máis en outubro

(18/11/2021)

A Seguridade Social rexistra 34.923 afiliados estranxeiros máis en outubro


Trabajadora


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

18/11/2021


-O total de traballadores foráneos sitúase en 2.260.779

 

-Representan un 11,5% do total de afiliados á Seguridade Social

 

-Trátase do quinto mes consecutivo con crecemento do emprego


A Seguridade Social rexistrou 2.260.779 afiliados estranxeiros en outubro, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. É o quinto mes consecutivo de crecemento, con 34.923 ocupados máis que en setembro, é dicir, o 1,57% máis, e uns 71.000 máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia.

 


A cifra de persoas de orixe estranxeira que traballan no noso país supón o 11,5% do total de afiliados á Seguridade Social, en termos desestacionalizados.

Afiliación media mensual

En termos de afiliación media, a Seguridade Social contou con 2.261.144 cotizantes estranxeiros en outubro, dos cales 798.473 procedían de países da UE (35,31%) e 1.462.671, de terceiros países (64,69%). Son 20.369 ocupados medios máis que en setembro.

Os grupos de ocupados estranxeiros máis numerosos foron os procedentes de Romanía (333.795), Marrocos (275.116), Italia (141.521) e China (105.409). Un 56,51% foron homes (1.277.860), mentres que o 43,49% foron mulleres (983.284).

Por comunidades autónomas, o maior aumento no número de afiliados foráneos corresponde a Estremadura (10,58%), A Rioxa (5,91%), Andalucía (5,03%) Castela e León (4,05%). Pola contra, os descensos máis acusados rexistráronse en Baleares (-8,18%) e en Castela-A Mancha (-5,56).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros está afiliada ao Réxime Xeral, un total de 1.871.401 persoas. Este rexistro inclúe o Sistema Especial Agrario, con 223.459 ocupados, e o de Hogar, con 166.102. O aumento medio no Réxime Xeral foi dun 1,04%.

Destaca a subida en Educación (21,70%) e no Sistema Especial Agrario (4,89%). En canto aos descensos, son máis pronunciados en Hostalería (-4,40%) e Subministración de auga (-4,14%).

O número de estranxeiros no Réxime de Autónomos rexistra un aumento de 0,31% no último mes, e sitúa o total en 384.825.

Nos últimos doce meses, a afiliación de traballadores procedentes doutros países incrementouse 9%, é dicir, en 186.606 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas