GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Deputación da Coruña convoca un concurso escolar sobre a pegada da emigración galega en América

(15/11/2021)

A Deputación da Coruña convoca un concurso escolar sobre a pegada da emigración galega en América


Crónicas da Emigración.

Redacción, A Coruña | 12 de novembro de 2021,


Pte Coruña en Buenos Aires 1
Visita do presidente da Deputación ao Museo da Emigración Galega (MEGA) en Buenos Aires en 2018.


A Deputación da Coruña quere contribuír a dar a coñecer a importante historia da emigración galega entre os máis novos coa convocatoria do I Premio de traballos de investigación escolar ‘Lazos coruñeses con América Latina’, dirixido ao alumnado dos centros escolares da provincia da Coruña. A través do certame, o ente provincial pretende afondar na pegada da diáspora galega no mundo e nas comunidades xeradas alén do océano, así como fomentar e recuperar lazos de unión con elas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este venres 12 as bases do premio ao que se poderán presentar alumnos de todos os centros da provincia. “Nos séculos XIX e XX produciuse unha emigración en masa cara aos países latinoamericanos con gran presenza galega”, sinalou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. “Aínda que non contamos con números exactos de galegos emigrados, os datos apuntan a que foron ao redor de 1,2 millóns”, remarcou o presidente, que destacou a importancia do certame “para que as novas xeracións estuden e coñezan a decisiva contribución da emigración galega ao desenvolvemento de Galicia e dos países que nos acolleron”, así como para “tratar de reconectar entre si as comunidades galegas dispersas polo mundo, para que a nosa historia siga viva”.

A Deputación promove este premio co que pretende fomentar, a través da implicación da mocidade, a recuperación dos lazos de unión, afectividade, coñecemento e colaboración coas comunidades galegas nos países de América Latina, así como analizar as consecuencias do devandito movemento no territorio coruñés.

Os centros que participen na iniciativa deberán facelo a través de equipos de investigación conformados por un mínimo de cinco alumnos e ser dirixidos por un profesor do centro, que será o responsable do proxecto. Así pois, os traballos deberán tratar a incidencia, repercusión ou efectos que historicamente tivo a emigración na contorna xeográfica do centro educativo ou zonas de residencia das persoas que integren os grupos de investigación participantes. Tamén deberán encamiñarse cara ao coñecemento de como se estableceron as comunidades nos países de destino e o impacto que tivo neles.

As propostas presentadas deben ser orixinais e o xurado do certame valorará especialmente aqueles traballos que favorezan a posibilidade de que as comunidades poidan reestablecer contacto entre os descendentes en América Latina e na provincia da Coruña.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo de modo telemático a través da plataforma SUBTEL da Deputación https://sede.dacoruna.gal/subtel/acceso/login. O prazo para apuntarse determinarase no anuncio da publicación da convocatoria deste programa no BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.

8.500 euros en premios para a compra de material escolar

A Deputación repartirá 8.500 euros en premios, que poderán ser investidos para a compra de material escolar:

1º clasificado: 3.000 euros.

2º clasificado: 2.000 euros.

3º clasificado: 1.500 euros.

Accésits 1 e 2: 1.000 euros cada un.

O ente provincial tamén fará entrega dunha distinción simbólica e un recoñecemento público. O xurado poderá así mesmo facer unha mención honorífica a algún dos proxectos presentados pola súa calidade técnica ou pola calidade da investigación.

Toda a información atópase nas bases publicadas no BOP do 12 de novembro: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/11/12/2021_0000007943.pdf

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas