GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda sitúa as máis de 60 medidas da Estratexia Galicia Retorna como mostra do compromiso do Goberno galego no acompañamento ás e aos retornados

(08/11/2021)

Miranda sitúa as máis de 60 medidas da Estratexia Galicia Retorna como mostra do compromiso do Goberno galego no acompañamento ás e aos retornados

O secretario xeral da Emigración participou, xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun acto sobre as diásporas de ida e volta que organizou en Vigo a Federación de Venezolanos de Galicia, Fevega.

 

O responsable da Secretaría Xeral destacou que a presenza dos retornados e retornadas permite dotar a Galicia dos mellores recursos para que a nosa sociedade afronte os retos da globalización.

 

Imaxe do evento celebrado esta tarde na cidade olívica

Imaxe do evento celebrado esta tarde na cidade olívica

 

Vigo, 6 de novembro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron esta tarde no acto sobre as diásporas de ida e volta que organizou na cidade olívica a Federación de Venezolanos de Galicia, Fevega, e no que, entre outros temas, se analizou o retorno como un dos acontecementos máis relevantes no eido da migración das últimas décadas.   

 

Durante a súa intervención, Antonio Rodríguez Miranda destacou o labor que neste senso está a realizar o Goberno galego de cara a apoiar de xeito integral ás e aos galegos retornados durante a súa incorporación á sociedade, tanto coa posta en marcha de axudas concretas para o emprendemento e a formación académica, como coa creación das oficinas integrais de información e asesoramento ao retorno que se atopan nas principais cidades de Galicia e que serven para acompañar ás familias retornadas na súa adaptación a sociedade galega.

 

O secretario xeral da Emigración situou as máis de 60 medidas da Estratexia Galicia Retorna como mostra do compromiso do Goberno galego no acompañamento aos retornados e retornadas, recordando que precisamente é a presenza das galegas e galegos do exterior que regresan a que permite dotar a Galicia dos mellores recursos para que a nosa sociedade afronte os retos da globalización.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas