GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fillos da emigración que superan barreiras e fronteiras e chegan á elite

(02/11/2021)

Fillos da emigración que superan barreiras e fronteiras e chegan á elite

 

IVÁN D. ROLLE BURELA / LA VOZ

 

CESAR TOIMIL

 

Renato, Hélder e Marga son tres dos caboverdianos que desenvolveron o seu talento deportivo en Burela e agora compiten ao máximo nivel nacional

 

01 novs 2021 .

 

 

Os seus pais romperon fronteiras e chegaron a Burela para ofrecerlles unha vida mellor. Cunha filosofía en común, a de alcanzar as súas metas con traballo e dedicación, na nova xeración de caboverdianos crecidos na Mariña son uns cantos os que atoparon no deporte unha vía inmellorable para adaptarse e desenvolver todo o seu potencial. As barreiras da elite quedáronlles moi pequenas a Margarita , Hélder e Renato.

 

PEPA LOSADA

 

 ¿Hai algún segredo no seu éxito? «Tulio di que recuperamos máis axiña», confesa Renato Lopes Furtado (Santa Catarina, 1997), convertido aos 23 anos nunha das indiscutibles figuras do Peixes Rubén Burela na Primeira División de fútbol sala. Tanto que o seu nome se relaciona desde hai tempo coa selección española. «En Burela sempre me fixeron sentirme un máis. Nunca tiven ningún problema. Desde que empecei no cole fixen moitos amigos que o seguen sendo agora», explica.

 

O seu pai, mariñeiro, chegou a Burela tempo antes de que el viñese coa súa nai, un ano e oito meses despois de nacer. Coa súa familia dividida entre os dous países, Renato recoñece que fai «moitos anos» que non visita Cabo Verde, pero si aprecia algunhas diferenzas culturais: «Alí todo é máis familiar».

 

 

O seu caso non é único. Na canteira do Peixes Rubén hai unha notable comunidade caboverdiana e varios compatriotas máis deron o salto ás principais categorías. O club burelense cedeu ao Parrulo, de Segunda División, a Renato Rodrigues, Renatinho, e alí comparte vestiario con Domingos Xavier, que o pasado curso debutou en Primeira cos ferroláns, e outro futbolista máis que sobradamente contrastado, Hélder Gonçalves Semedo (Recuncho, 1996). «Só nos falta que saía un porteiro e xa temos un quinteto ben potente para ir xogar un Mundial», chancea este último, un reputado peche que foi clave no último ascenso do Burela a Primeira e tras dúas campañas co Parrulo na elite trata de volver á máxima categoría: «O primeiro obxectivo é entrar no play off».

 

CESAR TOIMIL

 

Hélder xa tiña cinco anos cando arribou a Burela: «Meus pais xa levaban tempo aquí porque meu pai veu para traballar de mariñeiro. Eu cheguei con miña irmá tras pasar por Dakar e Senegal». O deporte, explica foi un factor clave na súa integración: «Con seis anos xa xogaba ao fútbol e ao fútbol sala con amigos como Pablo Costa ou Julio Delgado».

 

O seu camiño á elite, no entanto, non foi sinxelo. «Ao principio era muy maliño», recoñece un home que distingue ao actual preparador do Burela feminino, Lucas, como a clave do seu cambio: «Ensinoume case todo. Poñíame a dar pases contra a parede e así fun aprendendo». Cando mellorou tecnicamente e desenvolveuse fisicamente, a súa capacidade de traballo puxo o resto para alcanzar as súas metas: «Hai que ter os pés na terra e traballar, e todo chega se dan oportunidades á xente da casa».

 

 

Ramón Leiro

 

 «O deporte é unha vía inmellorable para facer amigos cando chegas a un sitio novo»

 

Orgullosa de definirse «afropataqueira», Margarita Moreira Gomes (Cervo, 1995) cumpre a súa cuarta tempada co Arxil de Pontevedra na Liga Feminina-2, e antes celebrou un ascenso á máxima división co Ensino Lugo. No seu caso, foi a súa nai a primeira integrante da familia en emigrar a España para gañarse a vida, primeiro en Madrid, en labores de coidado de maiores e limpeza. «O meu pai veu despois porque estaba namorado e quería estar con ela, e atopou un bo oficio como mariñeiro, aínda que agora é cociñeiro. Levan 28 anos en Galicia», explica.

 

 

«En Burela fixen TAFAD e cando fixen as prácticas cos nenos da canteira, os pais animábanme a que estudase porque se me daba ben, así que agora estou facendo o Grao en Maxisterio con mención de Educación Física», engade a tamén adestradora dos conxuntos de preminibasket e baby do Arxil.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas