GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo expón a necesidade de abordar o retorno e a migración planificada e ordenada a nivel europeo e estatal para afrontar as consecuencias do avellentamento

(27/10/2021)

Feijóo expón a necesidade de abordar o retorno e a migración planificada e ordenada a nivel europeo e estatal para afrontar as consecuencias do avellentamento

“Se cedemos terreo nese debate, outros o ocuparán con discursos que responden máis á emoción que á razón; ao ruído que á serenidade; ao populismo que á política ben exercida”, di.

 

Destaca a visión de Galicia da diáspora como “unha oportunidade” para difundir e protexer a nosa cultura, as nosas posibilidades turísticas ou de expansión empresarial, pero moi especialmente, como trampolín de retorno das e dos que un día marcharon e das e dos seus fillos e netos.

 

Incide na necesidade de, a nivel estatal, dar pasos importantes como: actualizar o sistema de homologación de títulos; axilizar o acceso á nacionalidade; e recoñecer con máis rapidez permisos de residencia a cónxuxes, fillas e fillos e demais familiares sen nacionalidade das e dos retornados españois.

 

O presidente da Xunta participou hoxe no debate 'Rexións e diáspora', no marco do Congreso de autoridades locais e rexionais do Consello de Europa, onde compartiu a aposta de Galicia polo retorno e a súa experiencia neste eido

O presidente da Xunta participou hoxe no debate 'Rexións e diáspora', no marco do Congreso de autoridades locais e rexionais do Consello de Europa, onde compartiu a aposta de Galicia polo retorno e a súa experiencia neste eido

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo hoxe a necesidade de abordar o retorno e a migración planificada e ordenada a nivel europeo e estatal para afrontar as consecuencias do avellentamento. “Se cedemos terreo nese debate, outros o ocuparán con discursos que responden máis á emoción que á razón; ao ruído que á serenidade; ao populismo que á política ben exercida”, dixo.

 

Durante o debate Rexión e diáspora, no marco do Congreso de autoridades locais do Consello de Europa, Feijóo compartiu a aposta de Galicia polo retorno e a súa experiencia neste eido, referíndose á diáspora como “unha oportunidade” para difundir e protexer a nosa cultura, as nosas posibilidades turísticas ou de expansión empresarial, pero moi especialmente, como trampolín de retorno das e dos que un día marcharon e das e dos seus fillos e netos.

 

Nesta liña, destacou as iniciativas que está a desenvolver a Xunta encamiñadas a transformar os vínculos coas galegas e os galegos do exterior en raíces e, si elas e eles así o desexan, emprender unha vida na Comunidade: a creación dunha Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno que xa ten axudado a 6.500 familias; axudas económicas a 3.000 familias para facilitar a súa integración; “e incrementamos as axudas aos que queiran emprender, con contías que xa teñen beneficiado a máis de 500 proxectos, revertendo na economía galega oito veces máis que o apoio público”, engadiu.

 

O titular do Goberno galego referiuse tamén ao retorno como un instrumento fundamental na política galega fronte ao reto demográfico, recordando que Galicia gañou poboación por primeira vez grazas ao saldo migratorio positivo.

 

“Galicia, hoxe, diríxese aos seus fillos e fillas -sobre todo aos de segunda e terceira xeración- para invitalos a regresar”, abundou, resaltando tamén a Lei de Impulso Demográfico, que abre a senda a través da cal a Comunidade contará cunha educación infantil gratuíta para todas as nenas e os nenos galegos.

 

No tocante á política de migración, Feijóo incidiu na necesidade de, a nivel estatal, dar algúns pasos importantes como: implantar unha reforma normativa que facilite unha integración plena, tanto a aquelas e aqueles con nacionalidade como aos que non a teñen; actualizar o sistema de homologación de títulos; axilizar o acceso á nacionalidade; recoñecer con máis rapidez permisos de residencia a cónxuxes, fillas e fillos e demais familiares sen nacionalidade das e dos retornados españois; e recoñecer o dereito a residir e traballar en España a mozas e mozos de alta cualificación que veñen a estudar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas