GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 21.802 afiliados estranxeiros máis en setembro

(21/10/2021)

A Seguridade Social rexistra 21.802 afiliados estranxeiros máis en setembro


afi ext


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

21/10/2021


-Supoñen en total de 2.225.856 traballadores estranxeiros

 

-Representan un 11,47% do total de afiliados á Seguridade Social

 

 -Supérase por segundo mes o nivel previo á pandemia


A Seguridade Social rexistrou 2.225.856 afiliados estranxeiros en setembro, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Son 21.802 ocupados máis que en setembro, é dicir, o 0,99% máis, e uns 36.000 máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia.

A cifra de persoas de orixe estranxeira que traballan no noso país supón o 11,38% do total de afiliados á Seguridade Social.

evol

Afiliación media mensual

En termos de afiliación media, a Seguridade Social contou con 2.240.775 cotizantes estranxeiros en setembro, dos cales 790.351 procedían de países da UE (35,27%) e 1.450.424, de terceiros países (64,73%). Son 20.678 ocupados medios máis que en agosto.

Os grupos de ocupados estranxeiros máis numerosos foron os procedentes de Romanía (329.576), Marrocos (267.031), Italia (141.695) e China (104.557). Un 56,52% foron homes (1.266.564), mentres que o 43,47% foron mulleres (974.211).

Por comunidades autónomas, o número de afiliados foráneos aumenta en Estremadura (7,79%), Castela-A Mancha (7,22%), A Rioxa (4,90%), Andalucía (2,94%), Navarra (2,74%), Canarias (2,45%), Madrid (1,52%), Castela e León (1,24%), País Vasco (1,13%), C. Valenciana (0,64%) e Galicia (0,21%).
Descende o número de traballadores estranxeiros en Cantabria (un 4,49% menos), Asturias (un 2,40%), Aragón (un 2,34%), Illas Baleares (un 1,38%), Región de Murcia (un 0,63%) e Cataluña (un 0,30%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros estaban afiliados no Réxime Xeral, con 1.852.177 afiliados. Este rexistro inclúe o Sistema Especial Agrario, con 213.039 ocupados, e o de Fogar, con 165.372. O aumento medio no Réxime Xeral foi dun 1,06%.

Destaca a subida en Educación (22,84%) e no Sistema Especial Agrario (6,55%). En canto aos descensos, son máis pronunciados en Actividades dos Fogares (-8,30%) e Administración Pública (-4,92%).

O número de estranxeiros no réxime autónomos rexistra un aumento de 0,40% no último mes, e sitúa o total en 383.633.

Nos últimos doce meses, a afiliación incrementouse un 7,8%, é dicir, 162.574 persoas.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas