GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e a UDC dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado nos Campus da Coruña e Ferrol

(20/10/2021)

Emigración e a UDC dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado nos Campus da Coruña e Ferrol

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o reitor da UDC, Julio Abalde, saudaron aos 42 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior para facer un mestrado nas facultades destes dous campus nun acto de benvida que tivo lugar no paraninfo do Reitorado.

 

En total, 200 mozas e mozos galegos residentes no exterior ou descendentes de galegos cursarán un mestrado nunha das tres universidades galegas durante o presente curso.

 

Emigración e a UDC dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado nos Campus da Coruña e Ferrol

Emigración e a UDC dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado nos Campus da Coruña e Ferrol

 

A Coruña, 19 de outubro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiron o acto de benvida aos 42 novos alumnos que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (Beme) que tivo lugar hoxe no paraninfo do reitorado.  

 

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración e a UDC saudaron a estas mozas e mozos do exterior, tanto galegos residentes fóra das nosas fronteiras como descendentes de galegos, que obtiveron unha das 200 bolsas que oferta o departamento autonómico para realizar mestrados nunha das tres universidades galegas durante o presente curso.

 

Os novos bolseiros Beme están a realizar mestrados nesta universidade centrados en áreas dirección e administración de empresas, enxeñería informática, economía, psicopedagoxía, robótica e riscos laborais, entre outras. Dos 42 alumnos que comezan un mestrado nesta universidade, 37 o fan no campus da Coruña e 5 en Ferrol.

 

Durante o acto, ademais de manter un encontro presencial cos novos alumnos, tamén se lles aportou información tanto sanitaria como de trámites administrativos, de cara a que poidan solucionar os diferentes problemas aos que se enfrontarán ao longo destes meses durante a súa estancia en Galicia.

 

Deste xeito, un técnico da Consellería de Sanidade ofreceulles unha charla sobre a normativa Covid actual en Galicia, así como sobre a vacinación, e posteriormente, persoal da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado, informoulles das diferentes cuestións burocráticas a xestionar na nosa comunidade autónoma, como o empadroamento, a xestión do DNI ou da tarxeta sanitaria.

 

Os novos bolseiros Beme tamén puideron coñecer aos membros da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia que os poderán asesorar e acompañar durante os próximos meses nesta nova etapa educativa.

 

As bolsas de Excelencia Mocidade Exterior ampliáronse este ano, pasando das 150 do ano anterior ás 200 desta quinta edición. O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este programa co fin de impulsar a captación de universitarios galegos de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poden así cursar un mestrado nalgunha das tres universidades galegas, cunha axuda económica que vai entre os 7.000 e os 11.475 euros.

 

Entre os beneficiarios deste ano atópanse galegos procedentes de máis de 20 países, aínda que hai países con maior número de alumnos, como Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba, Reino Unido, Alemaña ou Suíza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas