GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos e galegas do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”

(14/10/2021)

Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos e galegas do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”

 
 

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta visita polo alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.

 

Esta iniciativa destínase a persoas de máis de 65 anos vinculadas cos centros galegos de España e Europa, de xeito que sirve como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia.

 

As e os participantes, que chegaron o pasado domingo, están a coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que transcorre o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxan.

 

Imaxe do percorrido pola Vía da Prata que leva ata o Mosteiro de Oseira

Imaxe do percorrido pola Vía da Prata que leva ata o Mosteiro de Oseira

 

San Cristovo de Cea (Ourense), 14 de outubro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do alcalde de Cea, José Luis Valladares , acompañou esta mañá aos galegos e galegas do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo” no tramo da Vía da Prata que leva ata o Mosteiro de Oseira.

 

Rodríguez Miranda camiñou xunto a estas e estes galegos procedentes do resto de España e Europa durante un pequeno tramo ata chegar ao Mosteiro onde puideron coñecer a historia do complexo relixioso a e súa importancia no Camiño de Santiago.

 

“Reencontros co Xacobeo” permitiu que preto dun cento de galegas e galegos de máis de 65 anos residentes no exterior e vinculados cos centros galegos puideran realizar, ao longo desta semana, o Camiño de Santiago en pequenas etapas e coñecer o seu patrimonio cultural e natural.

 

As e os participantes chegaron ao aeroporto de Santiago de Compostela o pasado domingo e concluirán a súa estancia o sábado coa chegada á catedral compostelá. Durante estes días estarán aloxadas e aloxados en dous balnearios galegos. 

 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda continúa a reiniciar os programas de achegamento a Galicia dos galegos e galegas do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo.

 

Este programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas aos centros galegos do exterior. 

 

A Secretaría Xeral quere así dar un pulo ás entidades galegas, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede. 

 

  • Audio: Declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas