GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os galegos retornados desempregados poden optar ás axudas para cursar mestrados oficiais que oferta a Xunta de Galicia

(05/10/2021)

As e os galegos retornados desempregados poden optar ás axudas para cursar mestrados oficiais que oferta a Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 120.000 euros a estas axudas.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021.

 

A Xunta vén de publicar a convocatoria das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/2022. A estas axudas poden optar as galegas e os galegos retornados desempregados que estean interesados. 

 

O orzamento da convocatoria ascende a 120.000€ e, en función do tipo de máster que curse a persoa beneficiaria, o importe máximo de axuda será de 835,80 € e o mínimo de 591 €.

 

O obxectivo destas axudas é facilitar o acceso das persoas en situación de desemprego a uns estudos que lles permitan mellorar a súa empregabilidade, a través dunha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional que mellora o seu acceso a un mercado de traballo globalizado.

 

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que estean desempregadas á data de presentación da solicitude e matriculadas no curso académico 2021/2022 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia. Quedan excluídas as persoas que xa teñan gozado desta convocatoria. A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial.

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas