GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O secretario xeral de Emigración asiste á recepción dos novos bolseiros BEME organizada pola Ajerga

(27/09/2021)

O secretario xeral de Emigración asiste á recepción dos novos bolseiros BEME organizada pola Ajerga


Redacción, Santiago | 26 de setembro de 2021


BENVIDA BEME AJERGA

Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención na recepción cos bolseiros.


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, este sábado pola tarde, ao acto de benvida aos novos bolseiros BEME que organizou AJERGA (Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia) no centro Don Bosco de Santiago de Compostela.

O programa de bolsas BEME (Bolsas Excelencia Mocidade Exterior) da Secretaría Xeral de Emigración permitirá que este curso académico 200 mozos do exterior poidan cursar algún dos másteres que ofertan as tres universidades galegas.

Trátase dun programa de axudas que ofrece a Xunta de Galicia e que suma así a súa quinta edición, na procura de fomentar o retorno da mocidade galega no exterior.

Durante o acto de benvida, o secretario xeral felicitou aos beneficiarios por obter esta bolsa de axuda académica e lembrou que desde 2017 son xa 900 as persoas beneficiadas por esta iniciativa.

“Sabemos que moitos de vós fixestes un gran esforzo para estar hoxe aquí iniciando unha nova etapa, en Galicia, traendo incluso as vosas parellas e os vosos fillos”, engadiu Rodríguez Miranda. “Para algúns é unha oportunidade de retornar tras anos no estranxeiro e ampliar estudos e para outros é a posibilidade real de descubrir a Galicia dos seus devanceiros e atopar un futuro na nosa terra”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas