GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Imaxe da chegada a Santiago de Compostela, este mediodía, das e dos participantes no Conecta co Xacobeo

(27/09/2021)

O centenar de galegas e galegos do exterior participantes do “Conecta co Xacobeo” rematan o Camiño en Compostela

O secretario xeral recibiu aos dous grupos que realizaron o Camiño Portugués e a Vía da Prata e que se atoparon chegando a Compostela a través do arco de Mazarelos.

 

Nesta iniciativa participaron case un cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e Europa de entre 18 e 64 anos que realizaron, dende o pasado domingo, cen quilómetros destes dous camiños.

 

Imaxe da chegada a Santiago de Compostela, este mediodía, das e dos participantes no Conecta co Xacobeo

Imaxe da chegada a Santiago de Compostela, este mediodía, das e dos participantes no Conecta co Xacobeo

 

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do subdirector deste departamento, Antonio Casas, recibiu ao centenar de galegas e galegos do exterior que participaron ao longo desta semana no programa “Conecta co Xacobeo” que organiza este departamento autonómico. 

 

Estas e estes galegos do exterior, que percorreron o Camiño Portugués e a Vía da Prata, entraron  en Compostela a través do arco de Mazarelos, trasladándose posteriormente xuntos ata a praza do Obradoiro para ver cumprido o Camiño e selar posteriormente a compostela que acredita que remataron o Camiño.

 

“Deste xeito”, explicou Antonio Rodríguez Miranda, “a Secretaría Xeral reiniciou os programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo. Así, os centros galegos do mundo, que xa están a difundir e promover o Camiño de Santiago, poden contar agora con cen novos voluntarios que gozaron directamente desta experiencia para transmitila en cada unha das cidades onde viven e animar así a participar a todos no Xacobeo 21-22”.

 

En outubro chegarán as e os maiores de 65 anos que tamén realizarán actividades relacionadas co Xacobeo durante unha semana a través do programa “Reencontros co Xacobeo”.

 

Ambas iniciativas, o Conecta e o Reencontros, teñen como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos países europeos, fomentando a súa participación no Ano Santo. 

 

En total, participaron no Conecta co Xacobeo un cento de galegas e galegos vinculados aos centros galegos de toda España e Europa, de países  como Alemaña, Portugal e Suíza, de entre 18 e 64 anos. “Para eles, segundo nos transmitiron, foi unha fermosa experiencia que lles permitiu unir aínda máis os seus lazos con Galicia. Moitos, incluso, aseguran que agora repetirán facendo outro dos Camiños de Santiago e invitarán ás súas colectividades alí onde viven a gozar deste Xacobeo histórico”, rematou Rodríguez Miranda.

 

  • Audio: Declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas