GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e Turismo acompañan aos galegos e galegas do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” no tramo de Bendoiro (Lalín) da Vía da Prata

(23/09/2021)

Emigración e Turismo acompañan aos galegos e galegas do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” no tramo de Bendoiro (Lalín) da Vía da Prata

 

 Imagen de esta mañana con el grupo del Conecta co Xacobeo que está recorriendo la Vía de la Plata

Imaxe desta mañá co grupo do Conecta co Xacobeo que está a percorrer a Vía da Prata

 

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, acompañaron na mañá de hoxe ás galegas e galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” na etapa de Bendoiro da Vía da Prata.  

 

Despois de que onte os case cen galegos e galegas que están a participar nesta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración puideran realizar unha xornada de lecer coñecendo o Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil e posteriormente realizaran unha viaxe en catamarán polos canóns do río Sil, hoxe retomaron os novos tramos dos camiños que están a realizar en dous grupos: o Camiño Portugués, chegando ata Padrón, e dende Bendoiro, en Lalín, ata Bandeira as e os que realizan a Vía da Prata.    

 

Tanto Nava Castro como Rodríguez Miranda recordaron que se trata dun programa que ten como obxectivo dar un pulo ás entidades e centros galegos e aos seus asociados e asociadas, que sufriron durante estes meses as limitacións a causa da pandemia e deste xeito, convertelos en promotores do Camiño de Santiago en tódolos lugares onde teñen a súa sede.

 

Recordar que se trata dun cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración.

 

  • Audio 1: Declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar
  • Audio 2: Declaracións  da directora de Turismo de Galicia | Descargar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas