GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 2.204.054 traballadores estranxeiros en agosto

(23/09/2021)

A Seguridade Social rexistra 2.204.054 traballadores estranxeiros en agosto


Trabajadora 

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións
23/09/2021

 

-Supón un aumento de 43.822 ocupados respecto a xullo

 

-Supérase o nivel previo á pandemia

 

-Representan un 11,31% do total de afiliados á Seguridade Social


A Seguridade Social rexistrou 2.204.054 afiliados estranxeiros en agosto, unha vez descontando a estacionalidade e o efecto calendario. Supoñen un aumento de 43.822 ocupados respecto a xullo, é dicir, o 2,03% máis. En agosto supérase así o nivel previo ao impacto da pandemia.

A cifra de persoas de orixe estranxeira que traballan no noso país supón o 11,31% do total de afiliados á Seguridade Social.



 

Afiliación media mensual

En termos de afiliación media, a Seguridade Social contou con 2.220.097 cotizantes estranxeiros en agosto, dos cales 780.349 procedían de países da UE (35,15%) e 1.439.748, de terceiros países (64,85%). Os grupos de ocupados estranxeiros máis numerosos foron os procedentes de Romanía (324.462), Marrocos (263.550), Italia (140.747) e China (104.339). En conxunto, estes traballadores representaron de media un 11,40% do total. Un 56,38% foron homes (1.251.707), mentres que o 43,62% foron mulleres (968.390).

Os datos de afiliación media de estranxeiros reflicten en agosto un descenso de 6.488 ocupados respecto a xullo, un 0,29% menos. O número de afiliados foráneos aumenta en nove das comunidades e cidades autónomas, con especial intensidade en Canarias (2,43%), Cantabria (2,13%), Navarra (2,08%), Illas Baleares (1,91%). En agosto, os maiores descensos de traballadores estranxeiros rexistráronse en Castela-A Mancha (-6,63%) e Región de Murcia (-5,06%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros encadrouse no Réxime Xeral, con 1.832.776 afiliados. Este rexistro inclúe o Sistema Especial Agrario, con 199.938 ocupados, e o de Fogar, con 166.183. O descenso de media no Réxime Xeral foi dun 0,35% no último mes.

Os sectores que máis cotizantes estranxeiros suman son Actividades dos Fogares (6,04%), Hostalería (3,11%), Actividades Sanitarias (3,10%), Actividades administrativas e servizos auxiliares (1,72%) e Subministración de Auga e Actividades de Saneamento (1,48%). Entre os maiores descensos, destacan: Educación (-10,77%) e Agricultura, Gandería, Caza, Silvicultura e Pesca (-4,72%), Construción.

O número de estranxeiros no réxime autónomos rexistra un leve descenso (0,03%) no último mes, e sitúa o total en 382.113.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2021
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas