GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Laura Feal: «Do meu marido namoroume a súa valentía e o seu sentido da xustiza»

(20/09/2021)

Laura Feal: «Do meu marido namoroume a súa valentía e o seu sentido da xustiza»

 

Beatriz Antón FERROL

 

 

CESAR TOIMIL

 

Casada cun senegalés que emigrou a España en caiuco, agora vive e traballa xunto a el no país africano, onde comandan unha oenegué envorcada nos mozos

 

  20 sep 2021 .

 

En Ferrol é Laura, pero en Senegal tamén ten outro nome: Cumba. «Puxéronmo para que me sentise arroupada. É só una das moitas mostras da teranga, a famosa hospitalidade dos senegaleses. Alí podes ir comer a calquera casa, porque é seguro que che van pór un prato de comida na mesa. Son moi abertos», explica Laura Feal Sánchez (Ferrol, 1981) fronte a un café no Avenida da praza de España.

 

 

A súa historia de amor ben podería inspirar o guion dunha película. Cando o coñeceu, Laura vivía en Senegal, onde traballaba para a Fundación Habitáfrica, pero nese momento Mamadou Dia aínda residía en España. «Púxenme en contacto con el porque quería conseguir o seu libro, e nunha viaxe que fixo a Senegal, tróuxomo», explica Laura. Tras ese primeiro encontro, chegaron moitos máis... E xurdiu o flechazo. «Do meu marido namoroume a súa valentía e o seu sentido da xustiza. É unha persoa moi ousada. Un soñador. Cando ten un proxecto, non espera, lánzase e fai o que sexa por levalo adiante», explica con admiración cara á súa parella, co que ten dous nenos: Xadi, de seis anos, e Gora, de tres.

 

 

Comunicación e cultura

 

Dá envexa (sa) escoitar a Laura falar do seu traballo en Gandiol. Unha faísca acéndese nos seus ollos cando explica a fórmula que atoparon en Hahatay para cambiar esa imaxe esvaecida que teñen os mozos senegaleses sobre a emigración a Europa. «Facémolo a través da cultura e a comunicación e por iso contamos cunha radio, unha produtora audiovisual, un centro cultural que ten aula de cine, unha compaña de teatro e unha biblioteca revolucionaria», explica a ferrolá, á vez que apunta que a maioría dos proxectos fináncianse con fondos procedentes da cooperación vasca.

 

 

E aínda que ama África, non se esquece das súas raíces. «Encántame volver a Ferrol para estar coa familia e os amigos e gozar da paisaxe. Senegal é moi seco e todo ten un ton marrón. Boto de menos a explosión do verde de Galicia e os seus cantís».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas