GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración fai pública a listaxe definitiva de persoas beneficiarias do programa “Reencontros co Xacobeo”

(16/09/2021)

Emigración fai pública a listaxe definitiva de persoas beneficiarias do programa “Reencontros co Xacobeo”

Esta iniciativa, que está destinada ás e aos maiores de 65 anos, permitiralles coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que realicen o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen.

 

En total, participarán neste programa un total de 110 galegas e galegos residentes no resto de España e Europa.

 

O programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas a estes centros do exterior

O programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas a estes centros do exterior

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración fai pública hoxe a listaxe definitiva das 110 persoas beneficiarias do programa “Reencontros co Xacobeo” que o departamento autonómico pon en marcha en colaboración coas entidades galegas de España e Europa.

 

Este programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas a estes centros do exterior.

 

Esta iniciativa permitirá, tralo parón provocado pola pandemia, volver poñer en marcha os programas de achegamento a Galicia dos galegos e galegas do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo, e limitando a participación ao continente europeo por mor da aplicación do control das medidas sanitarias marcadas pola covid-19.

 

A presentación de solicitudes realizouse a través das entidades galegas do exterior das diferentes comunidades autónomas e de Europa, inscritas no Rexistro da Galeguidade asentadas. O obxectivo desta actividade é que as e os maiores galegos do exterior de 65 anos poidan coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento. 

 

Estas actividades realizaranse a comezos de outubro. Máis información nesta ligazón

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas