GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta atraerá o talento dixital das e dos galegos no exterior a través do portal GaliciaAberta

(04/09/2021)

A Xunta atraerá o talento dixital das e dos galegos no exterior a través do portal GaliciaAberta

O programa Retorna Dixital presenta nun único espazo a oferta de emprego neste eido dirixida a calquera persoa de Galicia residente no exterior e con interese en retornar.

 

As empresas tecnolóxicas que se adhiran ao programa deberán promover a súa visibilidade entre as potenciais candidaturas e adquiren o compromiso de comunicar e actualizar as súas ofertas de emprego.

 

As persoas interesadas poden consultar e filtrar en función dos seus intereses a listaxe de empresas adheridas, así como un Directorio de Empresas do sector TIC Galicia.

 

O portal será accesible a partir de mañá e ofrece xa 21 oportunidades de emprego dirixidas a persoas emigrantes retornadas ou que desexan retornar.

 

GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal

GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021.

 

O portal Retorna Dixital estará dende mañá, xoves, a disposición das galegas e galegos do exterior que buscan emprego no sector das tecnoloxías, así como das empresas TIC que necesiten persoal especializado neste ámbito. Poderase acceder a este novo espazo a través do portal GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Esta ferramenta pretende atender as necesidades de profesionais das empresas galegas do sector TIC co talento das persoas de Galicia do exterior que retornaron ou están pensado retornar e que poderán atopar nesta iniciativa unha oportunidade para comezar unha carreira profesional na súa terra de orixe.

 

O portal ten como obxectivo o de atraer talento dixital cara a Galicia para contribuír a pechar a fenda entre a dispoñibilidade de habilidades e a demanda do sector tecnolóxico galego. Para iso, aglutina nun único espazo a oferta de emprego neste eido así como información sobre as empresas TIC, que estará a disposición de calquera persoa de Galicia retornada ou residente no exterior con interese en retornar.

 

Entre 2015 e 2020, o emprego no sector TIC en Galicia creceu un 23,3 por cento e, de seguir a evolución actual, o sector creará máis de 4.500 novos postos de traballo nos próximos cinco anos, segundo os datos do informe “Talento Dixital: Estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia” elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga). As enquisas realizadas para a elaboración deste estudo puxeron de manifesto a dificultade que existe no sector TIC para contratar persoal titulado en carreiras STEM. Case tres de cada catro empresas tecnolóxicas galegas indican que é difícil ou moi difícil cubrir os postos que requiren este tipo de titulacións.

 

Na actualidade, o portal Retorna Dixital, ao que se pode acceder nesta ligazón, conta xa con 21 ofertas de emprego, así como con 13 empresas adheridas e 40 na base de datos. Para participar, as empresas poden facilitar os seus datos na sección ‘Adhesións’ e posteriormente deberán aportar a información que se lle solicitará sobre traxectoria, organización, servizos, ofertas de emprego, etc.

 

Pode participar no programa calquera empresa do sector TIC con sede en Galicia, que se comprometerá a manter os seus datos actualizados para manter o Directorio ao día. Ademais, as empresas adheridas comunicarán os cambios relativos ás súas ofertas de emprego para ofrecer unha imaxe real dos súas necesidades de perfís dixitais en cada momento.

 

As persoas emigrantes poden contactar coas empresas adheridas dende o propio portal ou consultar o Directorio de Empresas sector TIC Galicia.

 

A iniciativa forma parte do programa Galicia Retorna, da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Conta tamén coa implicación do Clúster TIC de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas