GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A provincia de Ourense rexistra o mellor saldo migratorio da súa historia

(25/08/2021)

A provincia de Ourense rexistra o mellor saldo migratorio da súa historia


A Rexión. Sergio Conde / B. I.

24/ ago./21


O regreso ao rural e ao interior que se converteu en tendencia durante o confinamento de 2020 tradúcese en que a provincia recibiu 2.569 persoas máis das que a abandonaron

Ourense presentou en 2020 o mellor saldo migratorio desde que existen rexistros. Precisamente no ano máis duro da pandemia chegaron á provincia 2.569 persoas máis das que a abandonaron, sendo esta a mellor diferenza da historia da provincia segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

O saldo migratorio é un indicador de poboación que mostra o balance existente entre a inmigración e a emigración; isto é, a diferenza entre as persoas que chegan e abandonan un territorio. Este pódese desagregar en dúas categorías: saldo migratorio interno -que, no caso ourensán, é a diferenza respecto ao resto de provincias galegas-, e externo -en comparación co resto de comunidades autónomas e países estranxeiros-.

En 2020 fóronse da provincia un total de 11.573 persoas. No mesmo tempo chegaron a terras ourensás 14.142 persoas procedentes doutras provincias galegas, españolas e de territorios estranxeiros. O dato dos emigrantes é realmente significativo, xa que é a cifra máis baixa desde hai case dúas décadas, xa que hai que remontarse ao 2002 para atopar un número de emigrantes inferior. Ademais, este dato histórico tamén está sustentado por uns moi bos resultados tanto de emigración interna (a que afecta a Galicia), como externa (na que se teñen en conta o resto de comunidades españolas e o estranxeiro).

Con estes datos, a provincia continúa coa tendencia á alza que iniciou no ano 2017, cando chegaron a terras ourensás 665 persoas máis das que se foron. Este dato rompía unha serie de catro anos consecutivos de saldos migratorios negativos iniciada no ano 2013.


Estadillosergio.pdf_web


Respecto a Galicia

 

Ourense rexistra unha cifra de récord na diferenza entre inmigrantes e emigrantes respecto ás outras tres provincias galegas. É a primeira vez na serie histórica que a provincia recibe máis poboación da que deixa ir ás da súa mesma comunidade, cun saldo positivo de 198 persoas. En comparación, o segundo mellor dato neste indicador remóntase ao ano 1996, cando a cifra era de -123 habitantes.

Desagregado por provincias, Ourense recibiu 14 persoas máis das que enviou á Coruña, 44 máis das que enviou a Lugo, e sobre todo, recibiu 140 persoas máis das que se foron á provincia de Pontevedra, superando esta cifra á da maioría de comunidades do resto de España.

Respecto ao resto de España

 

En comparación co resto de España, Ourense tamén obtén o mellor dato da súa historia cunha notable diferenza. En 2020 a provincia recibiu 3.086 persoas procedentes doutras comunidades, mentres que só deixou escapar a 1.942, deixando o saldo en 1.144 habitantes máis. Para atopar o segundo mellor dato hai que remontarse ao ano 2009, cando este saldo era de 814. Ademais, Ourense presenta un saldo positivo con todas as comunidades españolas, fóra da Rioxa e Ceuta, coas que a diferenza é 0.

Respecto ao estranxeiro

 

Este é o único dato que non rexistra un máximo histórico, aínda que tamén é positivo. En 2020 chegaron a Ourense procedentes doutros países 1.227 persoas máis das que se foron, bastante por baixo do dato de 2019, cando este indicador rexistraba un saldo positivo de 2.483 persoas, o terceiro máis alto da historia da provincia soamente por detrás dos anos 2007 e 2003. As restricións de mobilidade polo covid poderían ser unha das explicacións polas que este dato caeu mentres o resto de indicadores migratorios está en máximos históricos.

Cataluña, Madrid e Castela e León son as procedencias máis frecuentes

As procedencias máis habituais dos inmigrantes chegados a Ourense son Cataluña, Madrid e Castela e León. O saldo migratorio respecto á comunidade catalá é de 335 persoas, a máis alta de todas as comunidades autónomas. Séguelle de preto Madrid, á que Ourense “gáñalle” 309 habitantes.

A unha diferenza considerable está Castela e León, que enviou á provincia 101 habitantes máis dos que recibiu. Outras diferenzas positivas destacables son os 88 respecto ao País Vasco, os 71 respecto a Andalucía ou os 57 respecto a as Illas Baleares.

Como curiosidade, Ourense é a única que presenta un saldo migratorio positivo fronte a Cantabria, da que recibiu 33 habitantes máis dos que enviou, mentres que A Coruña perdeu 22, Lugo 4 e Pontevedra 28 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas