GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo, preparado para recibir a refuxiados afgáns con outros 61 concellos do país

(24/08/2021)

Vigo, preparado para recibir a refuxiados afgáns con outros 61 concellos do país

 

La Voz VIGO / LA VOZ

 

XOAN CARLOS GIL

 

A FEMP ofrécese ao Goberno

 

24 ago 2021 .

 

O Concello de Vigo está preparado para acoller a refuxiados afgáns que foxen do país tras a irrupción do réxime talibán. Farao no marco da rede de municipios de acollida a refuxiados, un organismo creado pola Federación Española de Municipios e Provincias.

 

O alcalde, Abel Caballero, reunirase mañá coa ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, para ofrecer ao Goberno de España, «o apoio e a colaboración da FEMP e da súa rede de municipios de acollida de refuxiados. Caballero destacou que, desde as entidades locais, «queremos darlle un apoio especial aos afgáns, especialmente ás mulleres e aos seus fillos, dado que a acometida do réxime talibán fai presaxiar o peor para eles».

 

Liderado

 

Caballero afirma que as entidades locais volverán asumir unha posición de liderado ante esta crise humanitaria. Destacou que España xogará un papel esencial porque será a encargada de acoller e tamén a porta de entrada a Europa dos fuxidos de Afganistán.

 

A rede de axuda traballa en colaboración con entidades como a Comisión de Axuda ao Refuxiado, a Asociación Católica de Inmigrantes, Cruz Vermella ou a Fundación Acnur.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas