GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta amplía ata os 900.000 euros as axudas para financiar a contratación de persoas en risco de exclusión social en empresas de inserción laboral, das que se poden beneficiar as galegas e os galegos retornados

(24/08/2021)

A Xunta amplía ata os 900.000 euros as axudas para financiar a contratación de persoas en risco de exclusión social en empresas de inserción laboral, das que se poden beneficiar as galegas e os galegos retornados

Dende hoxe as empresas de inserción laboral pódense acoller a segunda convocatoria do programa dirixido a apoiar o custo salarial deste colectivo prioritario para a Xunta.

 

O obxectivo da iniciativa é poder atender a todas as empresas de inserción laboral rexistradas na comunidade e cubrir o 100% das solicitudes.

 

A Consellería de Emprego e Igualdade, con esta ampliación orzamentaria, inviste un 38% máis que en 2020 con esta finalidade.

 

Os apoios poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro.

 

A Xunta aposta polo emprego inclusivo destinando en 2021 á economía social máis de 33 millóns de euros, un 22% máis que en 2020.

 

Este programa é unha das preto de 60 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

Este programa é unha das preto de 60 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021.

 

As empresas de inserción laboral  de Galicia poden acollerse dende hoxe, 24 de agosto, á segunda convocatoria deste ano das axudas destinadas a apoiar a contratación de persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social, das que se poden beneficiar as galegas e os galegos retornados. Trátase, en concreto, dunha ampliación orzamentaria do programa destinado a financiar o custo salarial das persoas contratadas por estas firmas co fin de atender todas as solicitudes e poder, deste xeito, beneficiar a todas as empresas de inserción laboral rexistradas en Galicia. 

 

A Consellería de Emprego e Igualdade, deste modo, inviste este ano nesta iniciativa 900.000 euros, un 38% máis que en 2020, tras a ampliación en 100.000 euros, o que permitirá impulsar a contratación de 100 persoas desempregadas. A medida enmárcase na aposta da Xunta pola economía social, un eido ao que destinar no presente exercicio máis de 33 millóns de euros, cun incremento do 22% con respecto a 2020. 

 

Para optar a estas axudas, que se poden solicitar ata o próximo 30 de setembro, cada empresa de inserción laboral deberá ter como mínimo un 30% dos seus postos de traballo ocupados por persoas en situación de exclusión e as persoas en proceso de inserción laboral poderán estar contratadas un máximo de 3 anos. Apoiaranse contratacións superiores aos 6 meses e xornadas laborais por enriba do 50%. 

 

As empresas de inserción laboral son aquelas que, entre outros requisitos, proporcionan aos seus traballadores e traballadoras medidas personalizadas de apoio e contan con cadros de persoal formados nun 30% como mínimo por persoas en risco ou situación de exclusión social. Estas entidades aplican ademais o 100% dos seus resultados á mellora ou ampliación das estruturas produtivas vinculadas á inserción laboral dos seus traballadores e traballadoras ou a programas de inserción laboral das súas entidades promotoras, ás que tamén van dirixidas estas axudas. En concreto, as entidades promotoras son aquelas corporacións de dereito público, entidades sen ánimo de lucro ou fundacións que inclúen a inserción social das persoas en risco de exclusión entre os seus fins e promoven a constitución de empresas de inserción laboral.

 

O programa da Xunta prevé pagamentos anticipados  de ata o 90% da axuda concedida que se destinará a financiar os custos salariais cunha contía equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional mensual (incluídas dúas pagas extras) por cada persoa traballadora contratada. 

 

Este programa de axudas quere contribuír a garantir, por outra banda, o mantemento da actividade das empresas de economía social ante a covid-19. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas