(24/08/2021)
Escrivá: “Todos os colaboradores españois e as súas familias evacuados ata o de agora xa están ou estarán mañá en centros de acollida”
Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións
23/08/2021
-Un total de 230 persoas, o 80% dos evacuados, xa están nalgún dos recursos de acollida do Ministerio e os 59 restantes serán trasladados mañá
-Destacou a axilidade do proceso para que estas familias procedentes de Afganistán poidan integrarse canto antes
-O dispositivo temporal de acollida de Torrejón atende a case 900 persoas tras a chegada dun avión esta tarde con 260 evacuados
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, anunciou que 230 persoas afgás colaboradoras de España e as súas familias xa foron trasladadas a centros do sistema estatal de acollida e mañá o serán outras 59 persoas, de forma que a totalidade dos evacuados ata o de agora estarán en recursos permanentes este martes.
Segundo explicou, “o proceso está a ser moi áxil, xa que, como se pode comprobar, das persoas colaboradoras con España, o 80% dos colaboradores españois que foron evacuados, saíron xa do dispositivo temporal da base de Torrexón e mañá sairán todos os que chegaron ata o de agora”. O ministro de Inclusión destacou a importancia da rapidez deste procedemento para que estas persoas “poidan iniciar o seu proceso de integración o máis rapidamente posible no noso país”.
Escrivá destacou que os colaboradores españois e as súas familias foron situados en prazas do sistema de acollida nun prazo moi breve de tempo. “O noso obxectivo era que non pasasen máis de 72 horas no dispositivo temporal da base de Torrexón e estamos a conseguir reducir os prazos a 48 horas”.
Explicou que as 230 persoas están en recursos de acollida do Ministerio de Inclusión en nove comunidades autónomas:
CCAA |
Número de personas derivadas |
Aragón |
29 |
Castilla-La Mancha |
24 |
Castilla y León |
28 |
Cataluña |
10 |
C. Valenciana |
37 |
Madrid |
32 |
Murcia |
34 |
Navarra |
7 |
País Vasco |
9 |
A suma total é menor xa que están pendentes de procesarse os datos dalgunhas persoas
As instalacións temporais de acollida do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións en Torrejón de Ardoz (Madrid) atenderon a 566 persoas (302 mulleres e 264 homes // 328 adultos e 238 menores), ademais das 260 evacuadas no voo que aterrou esta tarde, o que elevarán a case 900 as persoas atendidas.
Das 566 persoas, 289 son colaboradores españois e as súas familias. Outras 145 persoas forman parte do continxente de colaboradores das institucións europeas, das que 78 xa foron derivados aos países correspondentes. Ademais, foron atendidas 132 persoas do continxente de colaboradores de EEUU.
Escrivá visitou esta tarde o dispositivo temporal de acollida xunto á ministra de Sanidade, Carolina Darias. Posteriormente ambos, xunto á ministra de Defensa, Margarita Robles, recibiron a pé de pista ás 260 persoas evacuadas chegadas esta tarde procedentes de Afganistán.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas