GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destaca os últimos datos do IGE que evidencian que en Galicia o saldo migratorio é positivo dende 2016

(23/08/2021)

Emigración destaca os últimos datos do IGE que evidencian que en Galicia o saldo migratorio é positivo dende 2016

O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que os movementos exteriores, tanto co resto de España como co estranxeiro, producen un efecto de rexuvenecemento da poboación galega no ano 2020 en tódalas comarcas.

 

En relación aos galegos e galegas do exterior, o documento explica que, pese a que este grupo crece, o fai grazas ao nacemento de novas e novos descendentes, xa que só o 27% das e dos residentes no exterior son nados na comunidade autónoma.

 

O Instituto Galego de Estatítisca vén de publicar o balance de Indicadores Migratorios

O Instituto Galego de Estatítisca vén de publicar o balance de Indicadores Migratorios

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os últimos datos aportados polo Instituto Galego de Estatística a través do seu balance de Indicadores Migratorios xa que indican que en Galicia o saldo migratorio é positivo dende 2016

 

Estes datos son os primeiros que recollen o efecto da pandemia da covid-19, xa que inclúen información relativa ao ano 2020. Pese ao freo que supuxo na mobilidade esta situación o saldo migratorio de Galicia, é dicir, a diferencia entre as entradas e as saídas, volveu ser positivo cun valor favorable de 14.616 persoas, aínda que foi un 17,6% inferior ao do 2019, “evidentemente lastrado polo feito de que non se puido viaxar 9 dos 12 meses, é dicir, o 75% do ano”.

 

Tamén destacou o secretario xeral como moi positivo o feito de que dende 2016 a taxa de inmigración supere á de emigración en Galicia, tomando no ano 2020 os valores de 7,8 saídas por cada 1.000 habitantes fronte ás 13,2 entradas por cada mil habitantes, “o que vén indicar que Galicia leva xa anos sendo unha área de atracción para aqueles que desexan iniciar unha nova vida ou retornar á terra”.

 

A análise das idades medias das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que dende o ano 2017 o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega, e de feito, as idades promedio das persoas que chegan a Galicia é inferior á das que saen. No 2020, a idade media das que saíron foi de 37,3 mentres que a das que fixaron na comunidade autónoma a súa residencia foi de 36,9. “Deste xeito, os movementos exteriores, tanto co resto de España como co estranxeiro, producen un efecto de rexuvenecemento da poboación galega no 2020 en tódalas comarcas, o que dende a Xunta vemos como un dato esencial para a nosa demografía”, engadiu Antonio Miranda. 

 

En relación aos galegos e galegas que residen no exterior, o balance de Indicadores Migratorios destaca que aínda que a poboación de nacionalidade española inscrita no Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) segue a crecer, faino grazas ás e aos descendentes. De feito, só o 27% das cidadás e cidadáns galegos que residen fóra de Galicia son nados na comunidade autónoma, unha cifra que está a decrecer ano a ano, mentres o 72,1% naceu xa no exterior.

 

Neste senso, os países de América seguen a concentrar a maioría das e dos galegos, o 77,6%, mentres que Europa concentra o 21,5% do total. O 31% ten 65 anos ou máis, mentres o 9,5% ten 15 anos de idade ou menos. De feito, dúas de cada tres novas inscricións no PERE de galegas e galegos tivo lugar en América, e case o 80% das novas inscricións eran persoas nadas en terceiros países. O 63% das novas inscricións foron persoas menores de 35 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas