GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia recibe máis xente da que emigra a outras comunidades por primeira vez en sete anos

(23/08/2021)

Galicia recibe máis xente da que emigra a outras comunidades por primeira vez en sete anos

 

a voz REDACCIÓN

 

Xoán A. Soler

 

O saldo migratorio cara a outras comunidades foi de 6.208 persoas

 

20 ago 2021

 

No 2020 entraron en Galicia 14.616 persoas máis das que saíron, co que o saldo migratorio caeu un 17,64 % respecto ao ano anterior, segundo as estatísticas publicadas este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

Esta diminución contrasta co crecemento anterior, xa que no 2019 o saldo migratorio na comunidade foi de 17.747 persoas, o que supuxo un aumento da 43 % fronte ao 2018, cando foi de 12.391. Así, un total de 35.617 persoas instaláronse en Galicia o ano pasado, mentres que 21.001 individuos saíron da comunidade para irse ao estranxeiro ou a outras autonomías. Ademais, por primeira vez en sete anos, o saldo migratorio cara a outras comunidades foi positivo: chegaron 6.208 persoas máis das que se foron. 

 

Os municipios con maior saldo migratorio exterior (movementos con orixe ou destino fóra de Galicia) foron Vigo (+1.621) e A Coruña (+1.110); os que rexistraron un menor saldo exterior, incluso negativo, foron O Porriño (Pontevedra), con -57, e Celanova (Ourense), con -19.

 

 

Durante o ano 2020 as persoas que chegaron a Galicia para fixar a súa residencia tiñan unha idade media de 36,9 anos (40,1 anos os españois e 32,8 anos os estranxeiros), e as persoas que se marcharon de Galicia unha idade de 37,3 anos (38,1 anos os españois e 35,6 anos os estranxeiros).

 

 

Segundo os datos correspondentes ao 1 de xaneiro de 2020 do Padrón Municipal de Habitantes, a poboación estranxeira en Galicia representaba o 4,2 % do total. Desde o 2016 a taxa de inmigración (calculada como as inmigracións por cada 1.000 habitantes) supera á taxa de emigración en Galicia, tomando no ano 2020 os valores de 7,8 saídas por cada 1.000 habitantes e 13,2 entradas por cada mil habitantes. O ano pasado, o municipio con maior entrada relativa de poboación de 16 a 64 anos foi A Teixeira (Ourense), cunha taxa de 134.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas