GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra ás e aos emprendores retornados que desexen por en marcha unha nova iniciativa empresarial que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor

(18/08/2021)

Emigración lembra ás e aos emprendores retornados que desexen por en marcha unha nova iniciativa empresarial que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor

 
 
O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro
O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, como María Loira, regresaron a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 8.000 euros de subvención.

 

No seguinte vídeo, esta retornada de Malta e orixinaria de Bueu, conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha dunha clínica dental na cidade de Pontevedra. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. As persoas interesadas poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas