GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O DOG publica a ampliación nun 48% do orzamento dos obradoiros duais ata os 34,2M€ para persoas desempregadas e aos que poden acceder as e os emigrantes retornados

(17/08/2021)

O DOG publica a ampliación nun 48% do orzamento dos obradoiros duais ata os 34,2M€ para persoas desempregadas e aos que poden acceder as e os emigrantes retornados

Son 11 millóns de euros que a Consellería de Emprego e Igualdade eleva no presuposto desta convocatoria, o que permitirá desenvolver 94 programas mixtos de formación e emprego entre 2021 e 2022.

 

A meta desta ampliación é poder atender o 100% das solicitudes presentadas.

 

Priorizaranse ás persoas que teñan especiais dificultades de inclusión no mercado laboral como son, entre outras, as e os emigrantes retornados, as mulleres vítimas de violencia machista, paradas e parados de longa duración ou persoas con discapacidade.

 

As e os participantes recibirán, ademais da formación, un contrato de traballo de 9 meses de duración e primaranse os programas que inclúan formación forestal, a posta en valor das rutas do Camiño de Santiago, proxectos de aldeas modelo ou os promovidos por concellos incluídos en áreas declaradas Reservas da Biosfera.

 

O programa de obradoiros duais de emprego é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa de obradoiros duais de emprego é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG)  publica hoxe a ampliación do orzamento adicado á convocatoria de axudas dos obradoiros duais emprego para 2021-2022 que se incrementa nun 48%, o que son máis de 11 millóns de euros co afán de poder resolver o 100% das solicitudes presentadas. Así, o programa conta con 34,2 millóns de euros coa previsión de poder ofrecer formación e un contrato de traballo a preto de 1.900 persoas sen emprego e poder implementar 94 obradoiros.

 

Deste xeito, as persoas desempregadas que participen nestes programas, que desenvolven os concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo. Ademais, unha vez remate o obradoiro, os alumnos e alumnas teñen a opción de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

 

É meta dos obradoiros duais de emprego o incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas. Teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade das persoas participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man das e dos expertos que a imparten; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; ademais de colaborar coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos. 

 

Para acceder a estes obradoiros priorizaranse ás persoas que teñan especiais dificultades de inserción no mercado laboral como son, entre outras, as persoas emigrantes retornadas; as mulleres; as vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas e parados de longa duración; maiores de 45 anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 nos que se require unha maior formación; e persoas con discapacidade. 

 

Prímanse os programas que inclúan formación forestal; cualificación en conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación delimitadas do Camiño de Santiago; os obradoiros que teñan por obxecto actuacións enmarcadas en proxectos de Aldeas Modelo dirixidas á recuperación da capacidade agronómica do perímetro do proxecto e á rehabilitación e recuperación arquitectónica e urbanística; e os programas promovidos por concellos que teñan todo ou parte do seu termo municipal incluído en áreas declaradas Reservas da Biosfera. 

 

Apoio ao emprego local

 

A actuación enmárcase na aposta do Goberno galego por incrementar a inclusión laboral e a estabilidade dos galegos e galegas e por colaborar cos concellos na contratación de persoas desempregadas. Así, neste senso, destacan, entre outros, as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros en toda Galicia para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios; as axudas para apoiar a contratación de persoas sen emprego para a realización de servizos de interese xeral e social nas que este ano o investimento é de 1,5 millóns de euros para a contratación de 464 socorristas en 163 concellos galegos, ou o programa Aprol Rural para apoiar a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros.  

 

Así mesmo, a Consellería de Emprego e Igualdade promove os obradoiros para menores de 30 anos nos que participarán 300 mozos e mozas, un programa que conta cun orzamento próximo aos sete millóns. Neste eido, tamén destacan os programas integrados de emprego cun orzamento de 10 millóns de euros ou as axudas ás e aos orientadores laborais con 6,8 millóns de presuposto. De feito, a Xunta leva activados este ano, incluído o orzamento dos obradoiros duais, máis de 74,2 millóns de euros para apoiar o emprego local.

 

O Executivo autonómico traballa así nunha recuperación económica que pon no seu eixo de actuación ás persoas mediante o seu benestar da man do emprego e a inserción laboral, feitos que non se entenden sen a adecuada e progresiva formación e capacitación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas