GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A homenaxe aos emigrantes pechou as celebracións patronais de Ordes

(17/08/2021)

A homenaxe aos emigrantes pechou as celebracións patronais de Ordes

 

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

 

PACO RODRÍGUEZ

 

A música puxo o colofón a unhas festas que esperan recuperar a plena normalidade no 2022

 

17 ago 2021 .

 

Con máscara , pero coa mesma ilusión con que viven cada ano a xornada que lles dedica nas súas festas patronais o municipio que un día deixaron atrás pero que nunca se afastou dos seus corazóns, os emigrantes de Ordes participaron onte na homenaxe ao colectivo. O matrimonio formado por Pilar Liñares e Tony Rey , emigrado desde a súa mocidade a Londres , foi o distinguido nesta ocasión. Rey leu a ofrenda na misa de San Roque, cun recordo para os emigrantes da comarca ordense e tamén para «os inmigrantes que, chegados doutras culturas e moitos deles procedentes doutros países, tratan de atopar aquí mellores esperanzas de futuro». Non obviou a pandemia do coronavirus, co agradecemento a gobernos, sanitarios e investigadores, cuxo traballo conxunto propiciou a xeneralización das vacinas.

 

Tamén aludiu ao Brexit: «Experimentamos como as diferentes correntes políticas interfiren nas relacións entre o Reino Unido e os países da Unión Europea, pero tamén sentimos a esperanza de que chegarán novos tempos de harmonía», dixo.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas