GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia a contratación de 13 profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas e centros de investigación de Galicia

(13/08/2021)

A Xunta apoia a contratación de 13 profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas e centros de investigación de Galicia

A cuarta edición do programa Talento Sénior destina máis de 940.000 euros para seguir consolidando o sistema galego de innovación a través da captación e retención de talento.

 

Beneficiaranse destas axudas nove compañías e catros organismos de investigación e centros tecnolóxicos situados na Coruña, Ames, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Vilanova de Arousa.

 

Nas súas catro edicións, esta iniciativa ten facilitado a contratación de 49 profesionais para desenvolver tarefas de innovación na Comunidade.

 

O programa Talento Sénior é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

O programa Talento Sénior é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021.

 

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria do programa Talento Sénior, ao que destinará máis de 940.000 euros para seguir consolidando o sistema galego de I+D+i a través da atracción e retención de profesionais.

 

As axudas, centradas no retorno de persoal investigador con carreiras consolidadas, permitirá apoiar un total de 13 contratos. En concreto, esta iniciativa seleccionou nove empresas e catro organismos de investigación e centros tecnolóxicos das áreas da Coruña, Santiago, O Salnés, Ourense e Vigo que contarán con especialistas en I+D+i ligadas e ligados á biotecnoloxía, agroalimentación, enerxía, medio ambiente, saúde, fabricación industrial, aeronáutica ou tecnoloxías da información.

 

Os beneficiarios son o centro tecnolóxico Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a empresa Nubodata Tech Solutions (A Coruña); Advanced Science and Technology (Ames); Situm Technologies e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; a empresa Egatel e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria-Evega (Ourense); as empresas Alice Biometrics, Edafotec Suelos a la Carta, Hermasa Canning Tecnology, o centro tecnolóxico Gradiant e o Instituto de Investigacións Mariñas (Vigo); e Sociedade Agrícola Galega (Vilanova de Arousa).

 

Das contratacións que se van realizar, oito serán contratos indefinidos (o 61%) e sete correspóndense con candidatas e candidatos retornados doutras comunidades (Asturias, Madrid e Barcelona, entre outras) ou de fóra de España (Reino Unido, Portugal e Bélxica). Ademais, sete dos trece contratos apoiados corresponden a mulleres.

 

Esta iniciativa enmárcase, xunto con outras medidas como Oportunius, Principia ou Ignicia, no programa Talento 2021, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) para xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia. En total, nas catro edicións do programa Talento Sénior tense apoiado a contratación de 49 profesionais altamente cualificadas e cualificados para desenvolver tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación de Galicia.

 

Este programa supón un estímulo para que as empresas leven a cabo en Galicia as súas actividades de innovación, ao tempo que actúa como un elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación galegos, impulsa a competitividade do tecido empresarial e apoia a creación, retención e captación de talento e de postos de traballo cualificados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas