GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

(11/08/2021)

Emigración lembra que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

  

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro

 

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembra que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite ás galegas e galegos que, coma Manuel Sangiao, regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención.

 

No seguinte vídeo, este retornado do Reino Unido que reside actualmente en Boqueixón (A Coruña) conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia un negocio en liña, en concreto, un tutorial de carpintería en YouTube, “Lapiz de Carpintero”. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas