GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 380.000 visados foron expedidos en 2020, o 73% de curta duración

(10/08/2021)

Case 380.000 visados foron expedidos en 2020, o 73% de curta duración

 

Extranjeros

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

10/08/2021

 

  • A estatística do OPI revela unha caída no número de visados do 80% respecto a 2019 polo peche de fronteiras

     

  • Marrocos, Rusia, China e Alxeria concentran a metade dos visados tramitados 

     

En 2020 foron expedidos case 380.000 visados nas oficinas consulares españolas, segundo a estatística publicada polo Observatorio Permanente da Inmigración (OPI) do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

(https://extranjeros.inclusion.gob.es/es/Estadisticas/operaciones/visados/index.html

Deles, 276.852 son visados de curta duración, un 73% do total, mentres que os de longa duración acadaron o 27% (102.856). A repartición entre longa e curta duración representa un cambio substancial respecto a anos anteriores nos que os de curta duración nunca acadaron o 10% do total.

O número de visados tramitados caeu un 80% respecto a 2019, sendo esa baixada maior nos de curta duración, un 83%, fronte a un 42% que caeron os de longa duración. O forte descenso dos visados expedidos relaciónase directamente co peche de fronteiras e a diminución de viaxeiros internacionais como consecuencia da pandemia COVID 19.

Esa minoración foi xeneralizada a todas as nacionalidades, tanto en curta como en longa duración. Tendo en conta o país de orixe, a estatística reflicte que a maior porcentaxe de visados xestionados concéntrase entre as persoas procedentes de Marrocos, Rusia, China e Alxeria, e entre os catro suman a metade do total de visados concedidos.

Por idades, os orixinarios de Paquistán (26 anos), Colombia e Estados Unidos (31 anos) son os máis novos en media, mentres que na outra banda están os procedentes de Cuba cunha idade media de 40 anos. Por sexo, os colectivos en que a proporción de visados expedidos a mulleres é máis alta son os procedentes de Rusia, Marrocos, Estados Unidos e Cuba, e nos que menos, Exipto, India e Filipinas.

O 47% do total de visados de curta duración emitidos corresponderon a mulleres, mentres que representaron o 60% dos de longa. Ademais, a idade media dos estranxeiros aos que se lles expediu un visado de curta duración é de 37 anos, fronte aos 28 anos de media en visados de longa duración.

Visados por tipo e finalidade

O pasado ano, 133.649 visados de curta duración (48% do total) tramitáronse para cubrir situacións de turismo e estancia; 15.842 (6%) corresponderon a estancias autorizadas a familiares de cidadáns comunitarios, e só 448 foron expedidos para traballo.

Dos 102.856 de longa duración, o 27% do total, o 34% (35.557) emitíronse por motivos familiares, o 32% (32.832) co fin de realizar estudos, o 22% (22.274) para traballar, o 10% (10.417) exclusivamente para residencia.




Nota: A estatística inclúe tamén unha infografía na que se pode ir consultando número de visados expedidos por nacionalidade, tipo, grupo de idade, etcétera 

 

https://public.tableau.com/views/Visados_2020/infografia?%3AshowVizHome=no&%3Aembed=true

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas