GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia convoca o concurso ‘Cousas do Retorno’

(09/08/2021)

A Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia convoca o concurso ‘Cousas do Retorno’


Crónicas da Emigración

Redacción, Santiago | 6 de agosto de 2021

 

Cousas do Retorno



A Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) convoca o concurso de relatos ‘Cousas do Retorno’ dirixido a todos os emigrantes retornados, coa idea de visibilizar a historia, aínda por narrar, de todos aqueles emigrantes e descendentes que retornaron a Galicia.

Poderán participar en tres categorías: relato breve, peza audiovisual e artes plásticas / fotografía. Un xurado formado por tres voces da cultura, a literatura e a emigración outorgará un premio de 250 euros en cada unha delas. Os participantes poderán enviar unha obra por categoría a través do portal https:// retornoxove. gal/ cousas- do-retorno/ ata o 30 de setembro.

A presidenta de AJERGA, María Belén Rosbier, sinala que este concurso “pretende crear un relato colectivo que complete e actualice o discurso histórico da emigración, achegando un novo punto de vista desde o que observar e (re)descubrir a identidade, a cultura e a historia de Galicia”.

O concurso diríxese a todas as persoas que senten a experiencia da gran diáspora galega a través da súa propia historia. Fernanda Góngora Míguez, vicepresidenta da asociación, engade que “a proposta busca sumar e unir novas pezas ao gran mosaico da emigración galega dos séculos XX e XXI. É unha invitación para escribir xuntos este novo capítulo da historia que une á Galicia do pasado coa Galicia emigrante e a Galicia retornada”.

O concurso toma o seu nome das ‘Cousas’ de Castelao (escritas entre 1919 e 1926), que foron un conxunto de relatos breves que interpretaban a realidade galega e foron publicados poucos anos antes de que o autor iniciase o seu exilio en Latinoamérica. El nunca puido retornar, pero si moitos fillos e netos de galegos, que agora lle renden homenaxe desta forma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas