GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións colaborará na asistencia médica de máis de 230 españois de Río de Janeiro que carezan de recursos

(06/08/2021)

A Dirección Xeral de Migracións colaborará na asistencia médica de máis de 230 españois de Río de Janeiro que carezan de recursos


Crónicas da Emigración

Redacción, Madrid | 5 de agosto de 2021,


O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste xoves, día 5, publica o convenio entre a Secretaría de Estado de Migracións e a Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río de Janeiro para a prestación de asistencia médica subvencionada aos emigrantes españois residentes na rexión de Río de Janeiro que carezan de recursos suficientes.

A través deste acordo, estímase que se subvencionará a asistencia médica a 234 españois que serán determinados pola Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Brasil.

A atención sanitaria aos beneficiarios será realizada polos servizos propios da Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río de Janeiro (Brasil) ou ben a través de prestadores de servizos sanitarios contratados pola mesma e por indicación dos especialistas acreditados, sempre que se asegure o mesmo nivel de calidade do servizo. Pola súa banda, a asistencia hospitalaria dispensarase nos hospitais e clínicas da Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río de Janeiro (Brasil) e/ou nos establecementos cos cales esta entidade teña establecidos convenios para poder dar cobertura aos beneficiarios deste acordo na Circunscrición Consular de Río de Janeiro (Brasil) e cos que poida establecer convenios no futuro.

Todo paciente internado en urxencia ou emerxencia na Circunscrición Consular de Río de Janeiro (Brasil) poderá ser transferido, vía terrestre, en ambulancia, despois de 12 horas de observación médica, ao hospital acreditado da rexión, sen gastos para o beneficiario e un acompañante.

A Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río de Janeiro (Brasil) fará entrega a cada beneficiario dun documento identificativo para que se acredite como usuario e lle  de acceso aos servizos médicos.

O convenio inclúe atención ambulatoria de clínica médica, cardioloxía, uroloxía, fisioterapia, psicoloxía, neuroloxía, ortopedia, realización de imaxes e laboratorio e realización de procedementos cirúrxicos electivos incluíndo a provisión de materiais cirúrxicos. En canto á asistencia non ambulatoria inclúese servizo de urxencias 24 horas, realización de imaxes e laboratorio, hospitalización polo tempo necesario en habitación ou en coidados intensivos e a realización de procedementos cirúrxicos de urxencia, incluíndo os materiais cirúrxicos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas