GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os refuxiados recibirán axudas para o curso 2021-22

(05/08/2021)

Os refuxiados recibirán axudas para o curso 2021-22


A Rexión Redacción
05/ ago./21


As bolsas cobren o 100% da matrícula, parte da manutención e aloxamento e un curso de idiomas


A Universidade de Vigo (UVI) lanzou un programa de dúas bolsas piloto co obxectivo de facilitar o acceso dos refuxiados a estudos universitarios durante o curso 2021-22. Este proxecto responde as recomendacións da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que declararon que as universidades “non poden quedar indiferentes ante o drama dos refuxiados”.

Cada unha destas axudas cubrirá o 100% da matrícula de grao, máster ou título de especialista universitario e parte do aloxamento e manutención, ata un máximo de 2.000 euros por asignación. Ademais, os beneficiarios recibirán un curso de lingua galega ou española co fin de integralos na comunidade galega. A vicerreitora Maribel Doval asegura que, co lanzamento destas bolsas, a UVI “responde a unha realidade social que quería atender”. Grazas a este programa, os estudantes migrantes poderán “ exercitar ou seu dereito de acceso á educación superior mentres se atopan en situación de demanda de protección internacional no noso país”, destaca Doval, cualificando á universidade como unha institución “acolledora e inclusiva” que dá resposta ás aspiracións e necesidades dos refuxiados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas